Polo futuro de Alcoa, polo futuro da Mariña
Ante o debate suscitado sobre o futuro en Galicia da empresa Alcoa e sobre a continuidade da actividade da factoría que a multinacional do aluminio ten en San Ciprián, desde o Partido Popular queremos transmitir ao conxunto das veciñas e veciños da nosa comarca e ás traballadoras e traballadores desta empresa e das súas industrias auxiliares unha mensaxe de tranquilidade esixente.
Tranquilidade porque se ben hai que ser plenamente conscientes da importancia das decisións, negociacións e pasos que ao longo dos próximos meses se darán, non é menos certo que hai unha postura política unitaria e un compromiso incuestionable do Goberno galego e do Goberno español por acadar unha solución satisfactoria baseada nunha idea fundamental: o mantemento dunha industria clave para Galicia e para España e a continuidade dos miles de postos de traballo que xera na nosa comunidade.
Paralelamente ao debate eléctrico o Goberno galego aposta de maneira decidida polo incremento da competitividade que Alcoa e vén de firmar sendos convenios de colaboración para pór en marcha un proxecto de gasificación da planta de San Ciprián e da Coruña que supón a mobilización duns investimentos de máis de 4,1 millóns de euros destinados á modernización das instalacións e ao almacenamento e reconversión de fuel-oil a gas natural e deu o impulso definitivo ao inicio da tramitación do Gasoduto da Mariña paralizado durante os anos de goberno bipartito autonómico e socialista central.
Esixente porque, ante a transcendencia dos retos de futuro desta empresa resulta imprescindible establecer un mecanismo de estabilidade nos prezos da enerxía eléctrica que consume e, polo tanto, manter garantidos os custes moderados de produción e así, garantir a continuidade dos postos de traballo. Non podemos permitirnos renunciar a unha das mellores factorías de alúmina-aluminio do mundo e unha das empresas máis importantes desde o punto de vista industrial para Lugo, xa que o 30 % do PIB de toda a provincia se produce aquí.
O Partido Popular de Galicia, este deputado e o conxunto dos cargos públicos populares, levamos traballando dun xeito intenso e comprometido neste tema ao igual que o están a facer tanto o conselleiro de Economía e Industria como o propio Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que foi unha das primeiras voces en reclamar ao Ministerio de Industria que tome o máximo interese na análise da situación da empresa Alcoa, así como a adopción das medidas que sexan precisas para conseguir que esta factoría, siga en España e en Galicia, mantendo, como mínimo os niveis de emprego actuais.
Esta unidade social, política e administrativa polo futuro de Alcoa supón a mellor garantía e apoio ás pretensións do principal motor económico da Mariña. Unidade reflectida no Parlamento de Galicia, asumindo unha emenda presentada polo Partido Popular e no conxunto dos concellos da comarca e na Deputación onde o PP impulsou mocións de apoio. Todo isto no convencemento de que Alcoa ten futuro. A Mariña ten futuro. Seguimos traballando comprometidos neste obxectivo.
Jose Manuel Balseiro Orol
Secretario da Mesa do Parlamento e Deputado


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



