COMEZOU A FUNCIONAR NA CASA DA XUVENTUDE O CAFÉ DE IDIOMAS. XAVIER CAMPOS SUBLIÑOU A BOA ACOLLIDA QUE ESTÁ A TER ESTA INICIATIVA DA CONCELLARÍA DE MOCIDADE.
Ribadeo, 26 de xuño de 2012. Comezou a funcionar na Casa da Xuventude o Café de Idiomas cun primeiro grupo de inglés, segundo anunciaba no día de hoxe o concelleiro Xavier Campos.
O edil de Mocidade sinalou que “onte púxose en marcha na Casa da Xuventude de Ribadeo o Café de Idiomas, que é unha actividade impulsada desde a Concellaría de Mocidade e dirixida a todas as persoas interesadas en practicar de xeito informal e diferente linguas coma inglés, francés, alemán, italiano, español e galego”.
Campos indicou que “onte luns comezamos co grupo de inglés, no que xa hai apuntadas 10 persoas e nos vindeiros días poñeránse en marcha outros grupos, coma o de italiano”.
O concelleiro de Mocidade subliñou “a boa acollida que está a ter esta actividade da Concellaría de Mocidade, que contou coa colaboración para a súa difusión da Escola de Idiomas de Ribadeo. É unha actividade aberta a todos os idiomas, calquera lingua pode ser obxecto de que se monte un grupo de conversa informal, sempre e cando contemos cun número mínimo de persoas interesadas nel”.
Os interesados en obter máis información ou en clarexar dúbidas deben poñerse en contacto coa Casa da Xuventude, “desde onde contestaremos todas as cuestións que nos queiran facer”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



