Villares reúnese co subdelegado do Goberno e co director do INSS para desbloquear a cesión da Casa do Mar ao Concello
-Os representantes da administración central trasladáronlle ao rexedor a súa boa disposición e colaboración na axilización dos trámites
-O Concello mantivera reiterados contactos cos anteriores xestores do goberno socialista para facer a mesma petición pero sen éxito
Cervo, 7 de xuño de 2012-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, desprazouse esta mañá ata a capital lucense para reunirse co subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo e co director provincial do INSS e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Antonio Nores, co obxectivo de desbloquear a cesión da Casa do Mar de San Ciprián ao Concello cervense.
O rexedor valorou a xuntanza de satisfactoria despois de varios anos facendo a mesma petición aos anteriores responsables do Goberno do Estado. Durante o encontro Carballo e Nores “amosaron a súa disposición e colaboración e ao mesmo tempo comprometéronse a estudar este asunto con urxencia para conseguir que Cervo e a súa veciñanza poidan aproveitar unhas instalacións que se atopan infrautilizadas e en deterioro dende o verán de 2008” explicou o alcalde.
Con esta reunión déixanse atrás preto de tres anos de “parálise administrativa”, tal e como o cualificou o mandatario cervense. Nese tempo, dende que no verán de 2008 as instalacións quedaron sen uso, ata a entrada do actual Goberno do Estado, o Concello mantivo primeiro contactos verbais e despois enviou máis dunha decena de escritos realizando sempre a mesma petición, “a meirande parte deles sen resposta algunha, e cando había resposta, era para eludir responsabilidades” asegura Villares.
O mandatario cervense amosouse satisfeito polos avances dados neste encontro e polo desbloqueo administrativo “que permitirá volver á normalidade que supón a lealdade institucional e a colaboración entre administracións co único fin de aproveitar os recursos existentes en beneficio da cidadanía”. Pero ao mesmo tempo, lamenta que “os anteriores representantes do Goberno central na provincia non tiveran amosado a mesma disposición e non tiveran actuado coa mesma dilixencia” manifesta Villares, que aínda se pregunta “cales son os motivos polos que deixaron pasar case 3 anos sen dar un só paso a favor da cesión” tendo en conta que “o Concello non pedía cartos xa que ía asumir o mantemento e a conservación do inmoble”. Villares di non entender “por que os anteriores representantes socialistas preferiron ter un edificio pechado, baleiro e estragándose en lugar de ser posto ao dispor do pobo para o seu beneficio e uso social”.
A Casa do Mar é un inmoble céntrico e cunhas características que a fan ideal para o desenvolvemento de diversas actividades, a prestación de servizos ou o aproveitamento por parte da veciñanza, pero á que o Concello non puido dar uso ao non obter a autorización das institucións propietarias.
Unhas instalacións que ata o verán de 2008 eran utilizadas polo Servizo Galego de Saúde e o Instituto Social da Mariña. En agosto dese ano, o Sergas trasladouse ao novo Centro de Saúde de San Ciprián, deixando baleira boa parte da planta baixa. Nesas datas tamén abandonara o edificio o Instituto Social da Mariña, situado ata entón no primeiro andar. Dende aquela, o goberno local realizou numerosos trámites para solicitar a cesión do inmoble ao Concello. A ausencia de avances neste sentido provocou que o edificio siga baleiro e polo tanto infrautilizado, co conseguinte deterioro provocado polo seu peche e pola falta de mantemento.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



