O BNG PEDIU NO PLENO O MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO E AS CONDICIÓNS LABORAIS DOS CADROS DE PERSOAL DE ALCOA E AS EMPRESAS AUXILIARES
Non é de recibo que o PP abandone as súas responsabilidades de financiamento nos servizos sociais comunitarios ao tempo que esixe á deputación que aporte o 100% para o mantemento do servizo.
Pilar Armada substituirá no cargo de concelleira a Pilar Álvarez por renuncia desta última polo que o BNG pide que se aforren os 21.000 anuais que se lle pagaban até agora no seu contrato como asesora.
Cervo, 1 de xuño de 2012. O BNG destacou do pleno celebrado onte na corporación municipal de Cervo a negativa do Partido Popular a apoiar unha emenda unha iniciativa que pedía o mantemento dos postos de traballo e condicións laborais dos cadros de persoal de ALCOA e as súas empresas auxiliares. Nos asuntos a debate tamén se trataron dás mocións para o financiamento do SAF básico: unha do PP que instaba á deputación a financiar os servizos sociais comunitarios, para o BNG tardía por que a deputación xa ten asumido o mantemento do 100% deste servizo por acordo plenario no ente provincial e irresponsábel xa que pola contra o mesmo PP negouse a apoiar a moción nacionalista que sobre o mesmo tema pedía corresponsabilidade económica por parte da Xunta de Galiza para o mesmo servizo que este ano deixa en cero as axudas aos concellos para o mantemento do SAF básico. A sorpresa do día chegou co renuncia da concelleira Pilar álvarez a favor da até agora asesora, Pilar Armada que cobraba por este posto 21.000 euros anuais. O BNG agarda que a eliminación do cargo de asesora supoña o aforro do salario para Pilar Armada e non un simple cambio de responsabilidades sen ningún aforro para as arcas municipais.
O BNG pediu mediante unha emenda que ao tempo que se lle pide ás administracións un esforzo económico para asegurar a viabilidade de ALCOA que este se condicione ao mantemento do emprego e condicións laborais.
O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, lamentou que o PP non fora sensíbel á necesidade de mantemento dos postos de traballo e as condicións laborais dos cadros d persoal da factoría ALCOA e empresas auxiliares. O nacionalista que apoiou a moción do PP para garantir á multinacional un subministro enerxético a uns custes que permitan a súa viabilidade e competitividade, lembrou que si as administracións públicas se lles pide un esforzo para chegar a este fin, estas e a propia ALCOA deben ter en conta que o fundamental é manter o emprego e as condicións laborais existentes na actualidade. O nacionalista criticou ao PP por negarse a apoiar esta emenda que simplemente engadía aos puntos de acordo a aposta polo emprego na comarca.
O PP demostrou no debate sobre o financiamento dos servizos sociais a súa falta de sensibilidade cos mais necesitados ao tempo que corre a salvar da quebra aos bancos dirixidos polos seus militantes.
Mentres a deputación xa garantiu o financiamento ao 100% dos servizos comunitarios básicos mediante acordo plenario, o PP segue negando a corresponsabilidade económica da Xunta de Galiza que este ano rebaixou a cero as axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes. O nacionalista Estúa comparou o apoio económico recibido polo concello nos últimos dous anos para os servizos sociais básicos para non dependentes que no aportado pola deputación que en 2010 multiplicou por tres a axuda prestada pola Xunta, no 2011 multiplicouse por cinco e no 2012 será do 100% xa que a Xunta porá cero euros para o SAF básico. Estúa acusou ao PP de ser insensíbel coas necesidades sociais, sanitarias ou educativas das maiorías sociais e correr en auxilio da quebra da banca privada que dirixen os seus militantes, como sucede con Bankia.
Os nacionalistas agardan que a eliminación do posto de asesora que ocupaba Pilar Armada supoña un aforro económico e non un simple cambio de cromos.
A renuncia no pleno de onte do posto de concelleira da edil Pilar álvarez para ser substituída pola ate agora asesora da alcaldía, Pilar Armada, debe incluír tamén o aforro dos 21.000 euros que cobraba anualmente a asesora. “Non tería sentido que mentres se prescinde de servizos e postos de traballo no concello, sigamos mantendo a un grupo de goberno preocupado unicamente de cobrar a fin de mes”, afirmou Estúa. Os nacionalistas agradecen os servizos prestados pola até onte edil de xuventude e igualdade, Pilar álvarez, “que exerceu as súas funcións cun perfil mais ben baixo” e demandan da nova edil que tomará posesión proximamente “que veña a traballar e non so a cobrar”.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



