A FINAIS DESTA SEMANA CONCLUIRÁN AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DUNHA RAMPA DE ACCESO AO CENTRO DE SAÚDE DESDE A RÚA EIJO GARAY. NOS TRABALLOS, QUE REALIZA O CONCELLO, EMPRÉGASE TODO O MATERIAL QUE HABÍA NA ZONA.
Burela, 13 de xuño de 2012. En Burela comezaron as obras de construcción dunha rampa de acceso ao centro de saúde desde a rúa Eijo Garay. Os traballos son realizados polo Concello e nos mesmos estáse a empregar todo o material que en orixe había nesa zona da praza do Concello, “non se utiliza ningún tipo de material novo, as plaquetas que había nas escaleiras estánse a quitar para colocar despois nesta rampa e co pasamanos faremos o mesmo”, segundo explica o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.
O obxectivo desta rampa, que ten un ancho de 1,60 metros, “é mellorar a accesibilidade en toda esa zona. O centro de saúde rexistra a diario a visita de nais e pais con carritos dos seus bebés e tamén de persoas en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida, de aí a importancia que ten a realización destes traballos. Ademáis deste xeito imos dando cumprimento pouco a pouco ao noso programa electoral”, sinalaron Fernández Valle e Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais en Burela.
Os traballos de construcción da rampa de acceso ao centro de saúde concluirán a finais desta semana. Valle e Durán subliñan que terán un coste de cero euros. O equipo de goberno seguirá procedendo á eliminación doutras barreiras arquitectónicas na vila “para facerlles a vida máis fácil aos nosos veciños e veciñas”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



