NA MARIÑA INCREMENTOUSE O DESEMPREGO NUN 52% DENDE XUÑO DE 2009 A XUÑO DE 2012.
O Plan Lugo Impulsa a pesar da propaganda mediática do PP, non xerou nin un so posto de traballo na comarca.
Manuel Parga afirmou que a comarca está en situación de emerxencia pola masiva destrución de emprego e a ausencia de alternativas económicas e sociais que compensen o declive económico.
Xoán Antón Estúa acusou aos goberno galego e estatal de ser cómplices na destrución do tecido económico dunha das comarcas máis dinámicas de Galiza.
A Mariña, 29 de xuño de 2012. O BNG por medio do parlamentario Manuel Parga Núñez e o Vice- responsábel Comarcal, Xoán Antón Estúa, ofreceron hoxe datos da alarmante situación que se está a vivir na comarca da Mariña, unha das máis dinámicas do pais, e que dende fai tres anos, coincidindo coa chegada do PP ao goberno da Xunta, sofre u declive sen precedentes sen que o goberno galego achegue medidas de impulso e apoio para paliar esta situación. Os nacionalistas afirmaron que o incremento do desemprego na comarca dende xuño de 2009 foi dun 52% con medres absolutos de preto de 2.000 persoas até maio deste ano. Os nacionalistas mariñaos puxeron en relación a propaganda mediática do PP co Plan Lugo Impulsa e a realidade, afirmando que este plan que pretendía ser o motor de cohesión económica entre a Galiza occidental e oriental convértese en papel mollado xa que non xerou nin un só posto de traballo.
A Mariña incrementou nos últimos tres anos un 52% a taxa de desemprego ao tempo que perdeu poboación nun 1,2%
Manuel Parga ofreceu datos alarmantes sobre a perda de emprego na comarca dende xuño de 2009 a xuño de 2012 cunha escalada que supera as medias do conxunto do país e do Estado, segundo o nacionalista, mentres na Mariña o paro incrementouse nun 52%, en Galiza nun 38% e no conxunto do Estado nun 32%, “estas cifras poñen e evidencia que as destrución de emprego na nosa comarca medra por riba das medias galegas e estatal, e isto, acompañado dunha perda de poboación no mesmo período do 1,2%, demostra o fracaso do goberno de Feijoo que pasou de ofrecerse como solución á crise a ser unha máquina de destrución masiva en políticas de emprego e dinamización económica.”
Ás noticias sobre empresas sometidas a EREs e procesos concursais súmase agora a ameaza dunha deslocalización de ALCOA por non ter garantías dun subministro enerxético que manteña a súa competitividade.
Para os nacionalista os datos están claros, “nos últimos tres anos as únicas noticias sobre emprego que se deron nesta comarca foron negativas, non se ofreceu ningún dato esperanzador para dinamización económica e a Xunta de Galiza estivo ou ausente ou foi cómplice activo na destrución de postos de traballo”. Xoán Antón Estúa lembrou os casos de Mobles Hermida , ECAR ou cerámicas de Sargadelos onde o goberno galego, “non se sabe realmente o que fixo, o que si está claro é que non evitou a perda de emprego e tampouco ofreceu planos de acompañamento social nin alternativas de emprego” . A estas empresas sumou o concurso de acredores de Construcións Mon, a situación de parálise de Gres Burela, a pesar das axudas públicas recibidas leva tres anos con 39 traballadores parados e outras que están se anuncian a curto prazo que ademais ten efectos demoledores no pequeno comercio que sofre as consecuencias da paralización no consumo.
Os nacionalistas ademais, denunciaron a situación de incertidume sobre as necesidades enerxéticas de Alcoa, “cun PP dedicado á propaganda e un Ministro de Industria que non sabe, non contesta” cando se lle piden garantías para a continuidade da empresa na nosa comarca. Para Xoán Antón Estúa e Manuel Parga, “a pelota está no tellado do PP no goberno do estado por que o goberno galego xa sabemos que so se dedica a remitir cartas e o PP a presentar mocións que nin sequera teñen en conta a garantía de mantemento dos postos de traballo.”
O Plan Impulsa Lugo, un gran paquete propagandístico sen efectos reais na xeración de emprego
Segundo explicou Manuel Parga, o Plan Impulsa Lugo que naceu segundo o PP, para tentar corrixir as desigualdades no desenvolvemento económico entre as comarcas mais activas do país e outras con menos grao de actividade, “é un auténtico fracaso vendo os seus resultados en termos de emprego”. Os dados na nosa comarca reflicten claramente que este os 12 millóns, que segundo o PP se investiron na nosa comarca con este plan non xeraron nin un so emprego e incluso unha das dúas empresas beneficiadas segue paralizada e sen recuperar actividade produtiva. Para o nacionalista, con propaganda non se xera emprego e o PP segue mais obsesionado no recorte dos dereitos sociais e en sair con urxencia a rescatar a banca que en solucionar os problemas da xente.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



