O PP de Ribadeo denuncia que o Banco de de libros de texto que se está a establecer polo Concello de Ribadeo é unha actuación demagóxica que ao único que vai a contribuir é a aumentar as desigualdades sociais entre os nosos veciños
Dende o PP denunciamos en primeiro termo o que xa ven sendo unha práctica habitual tanto da Alcaldia como das distintas Concellerías desde as que cada vez con máis frecuencia se veñen publicando bandos municipais cun contenido marcadamente político, prescindindo do seu aunténtico carácter como medio oficial para transmitir e dar a coñecer aos veciños aquelas medidas e actuacións municipais que mais directamente lles afectan na súa vida cotidiá, para converterse no medio propagandístico oficial do partido do BNG.
O recente bando da Concellería de servicios sociais no que se anuncia o establecemento polo Concello dun banco de libros de texto e que chegou a repartirse directamente entre os alumnos dos colexios da Vila, no é máis ca un panfleto partidista, gratuito, carente de rigurosidade, e no que a actuación municipal que a través do mesmo se publicita queda solapada por un conxunto de aseveracións, e consideracións ideolóxicas de marcado carácter doctrinario.
O referido bando carece de rigurosidade e falla a verdade ao sinalar que a Xunta de Galicia suprimiu as axudas para a adquisicion de libros de textos, o que non é certo, tendo sido aprobadas por Orde da Xunta de Galicia de 30 de mayo de 2012, DOGA de 1 de xunio, as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinado ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación obligatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no curso escolar 2012/2013.
Igoalmente carece de rigurosidade a actuación que esta a publicitar o Concello por canto que, non se explicita cales son os criterios polos que se vai a rexir este servicio de préstamos, quen vai ser o beneficiario, cales son os requisitos que dan derito a este… Neste eido, cumpre preguntarse que vai pasar con aquelas familias que teñen nenos/as na educación primaria, etapa escolar caracterizada, entre outros, porque o material didáctico que se emprega non vale máis que para un uso, ¿van recibir estas familias outro tipo de axudas por parte do Concello?
Dende o PP entendemos que a adopción pola Alcaldía de medidas que supoñan un recurte dos gastos superfluos do noso Concello, como pode ser a recente viaxe do Alcalde a Bruselas, ou ben unha disminución da partida presupuestaria destinada a propaganda e publicidade do equipo de goberno, ou da destinada a festas, ou ben a desaparición de determinado persoal contratado do Concello xunto cunha mellor redistribucion de funcións entre o persoal funcionario, permitiríanos dispor dunha partida económica o suficentemente ampla como para garantir a prestación dun servicio nunhas condicións xustas que garanta a igualdade entre os veciños e veciñas.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



