A portavoz de Conservación da Natureza, Emma Álvarez Chao, salientou “o avance notorio nesta lexislatura en materia de clarificación de usos no medio rural coa modificación da Lei do Solo e co Plan Director da Rede Natura 2000”
O GRUPO POPULAR SOLICITA INDEMNIZACIÓNS COMPENSATORIAS PARA AS ACTIVIDADES AGROGANDEIRAS E FORESTAIS QUE SE ESTABLEZAN EN REDE NATURA 2000
“Solicitamos que se revisen as zonas da proposta de ampliación que foron obxecto de procesos de concentración, así como naqueles casos que existan predios de eminente vocación agrícola e forestal, sen valores ambientais significativos, se estude a posibilidade de excluílos na proposta de ampliación definitiva”, sinalou Álvarez Chao
Santiago, 28 de xuño de 2012.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei presentada polo Grupo Popular a través da que se propón que na Política Agraria Común para o período 2014-2020 se contemple a necesidade de ter en conta indemnizacións compensatorias polas limitacións ambientais para as actividades agrogandeiras e forestais que se establezan en territorio da Rede Natura, así como incentivos específicos para as novas actividades agrogandeiras e forestais que se establezan nestas zonas.
A portavoz de Conservación da Natureza do Grupo Popular, Emma Álvarez Chao, salientou esta tarde no Parlamento “o avance notorio que se está a producir nesta lexislatura en materia de clarificación de usos no medio rural coa modificación da Lei do Solo, que permite, con carácter excepcional, aos concelloscon máis do 40 por cento da superficie en Rede Natura usos prohibidos para os solos rústicos de protección de espazos naturais; e co Plan Director da Rede Natura 2000 en Galicia, que está pendente do informe da Asesoría Xurídica para ser publicado no Diario Oficial de Galicia”.
Así mesmo, Álvarez Chao salientou que “este Goberno tamén foi o que redactou unha proposta de ampliación da Rede Natura 2000”. “A exposición pública desta proposta foi unha oportunidade para o Partido Popular para reunirse cos veciños, escoitalos e coñecer as súas inquedanzas, que se incorporarán a esta proposición non de lei”, explicou.
A portavoz popular amosou a necesidade recollida entre os axentes de campo de que se “unifiquen os criterios e facer un protocolo que actúe a modo de manual didáctico, que de xeito detallado, claro e conciso recolla os usos permitidos e prohibidos en cada unha das zonas recollidas no Plan Director cuxa tramitación está a piques de rematar”.
INFORMACIÓN DOS PREDIOS
Outra das cuestións que esta proposición non de lei do Grupo Popular demanda ao Goberno galego diríxese a informar aos propietarios de predios en Rede Natura, polo que demándase “achegar un resumo práctico do Plan Director a todos os concellos que teñen terreos incluídos nesta rede ecolóxica, a fin de que sexan distribuído entre os propietarios destes predios.
Ademais, “instamos á Xunta a facultar aos concellos, por ser a administración máis próxima aos cidadáns, para tramitar as autorizacións para desbroces nas zonas incluídas dentro da Rede, de xeito que a coordinación entre os concellos e os axentes dos distritos facilite o día a día dos labores que os agricultores, gandeiros ou propietarios forestais necesiten facer sobre os seus predios, dixo a portavoz popular.
“En consonancia coas alegacións que as asociacións de veciños nos presentaron, solicitamos que se revisen as zonas da proposta de ampliación que foron obxecto de procesos de concentración, así como naqueles casos que existan predios de eminente vocación agrícola e forestal, sen valores ambientais significativos, se estude a posibilidade de excluílos na proposta de ampliación definitiva”, manifestou Álvarez Chao. Neste sentido, apuntou que, no caso de que non sexa posible, “consideramos preciso estudar a posibilidade de incluílos dentro da zona de usos xerais do Plan Director, a fin de establecer mecanismos que permitan compatibilizar o uso agrogandeiro e forestal coa conservación dos valores naturais”.
Emma Álvarez Chao anotou que a través desta proposición non de lei “solicitamos que se contemplen dentro dos eixos comunitarios de actuacións no medio rural as zonas que están en Rede Natura 2000 como zonas de carácter prioritario a fin de dinamizalas economicamente, solicitando do Goberno incentivos para a repoboación dos terreos forestais con especies autóctonas”.
Por último, a proposición do Grupo Popular solicita á Xunta de Galicia que “continúe coa publicación das axudas para actividades, actuacións ou medidas en concellos incluídos na Rede Natura 2000 a fin de acadar a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou a recuperación de especies historicamente relacionadas coa actividade agraria”.


















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



