Moitos son os que aproveitan o bo tempo destes días e o favorable estado da mar para saír a pescar pola ría de Ribadeo. Este é o caso do presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, que capturou un abadeixo de 7 quilogramos. Robalizas, douradas ou xibas son outras das especies que algúns pescadores se levan a casa tras desfrutar dunha tarde de pesca no porto deportivo ou a bordo de pequenas embarcacións na ría.
