Discurso de presentación do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA)
A razón deste acto que hoxe nos xunta é a presentación do Seminario de Estudos do Valadouro. Un colectivo encamiñado ó estudo e defensa da nosa cultura e da nosa identidade.
Con tal fin o Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA como rezan as súas iniciais, traballará na recuperación, promoción e divulgación, dos valores históricos, arqueolóxicos, etnográficos, artísticos e culturais, así como outros de tipo económico ou científicos que garden relación cos territorios deste Val.
Quería destacar do grupo de xente fundadora deste colectivo, do cal a maioría nos acompaña, a superación dun complexo que moitas veces estivo producido por debates estériles, sobre a unificación dos concellos de Alfoz e o Valadouro. E esa superación prodúcese simplemente porque o Seminario de estudos do Valadouro, está formado por xente que temos algo en común, todos os que formamos e desexo que todos os que nun futuro formen este colectivo, somos e debemos ser xente que vivimos ou nacemos ou temos relación e sobre todo sentimos e queremos este val. Un val sen fronteiras administrativas, un val onde a cultura e o seu estudo non lle van poñer cancelas.
É para min sen dúbida un gran orgullo, presidir este colectivo formado por xente tan distinguida, do eido cultural, literario, empresarial, artístico…
Pero deste grupo de xente que superou este complexo, eu non quero para nada como presidente, e isto é unha petición persoal miña, que sexa un grupo elitista, non, neste colectivo ten cabida todo a mundo, e todo o mundo que teña como dicía antes, algo que ver con este val , que viva, repito, que sinta, que queira ou teña algunha inquedanza relacionada con este val. Porque o que está claro é que ninguén coñece mais un pobo que a xente que vive nel.
Moitos son os campos de actuación que terá este Seminario de Estudos do Valadouro que hoxe estamos aquí a presentar, co obxectivo de que podades formar parte nel. Pero se hai un obxectivo polo que eu realmente me sinta involucrado é polo estudo e recopilación do patrimonio oral, quizais o patrimonio máis difícil de gardar e conservar. De pouco sirve ter unha peza, unha ferramenta, datos dunha celebración, que poden ter un gran valor etnográfico ou cultural, se non temos recollido a voz de quen as utilizaba ou participaba nelas. Conservar unha peza ó longo dos séculos é relativamente doado pero conservar a forma de utilizalas, saber para que servían ou como se facían contado por quen a fixo ou a utilizou é mais difícil, e convertese nun patrimonio que se perde cada día.
A razón da miña participación neste seminario, parte dun feito que me ocorreu sendo moi novo. Eu son do Castro de Ouro, e cando eu era cativo, había moita xente maior por aquelas terras e case ningún rapaz, por iso, cando me cansaba de andar na bicicleta ou de aganchar polas cerdeiras de Pepe da Granda, aló polo San Xoán, sentábame a carón do señor Indalecio e escoitaba os seus versos, sempre dedicados a temas de actualidade. Eu pouco entendía o que significaban aquelas palabras pero quedaba abraiado por aquelas rimas improvisadas mentres alindaba as vacas na ribeira da Torre. Moito daría agora por ter escrito aqueles versos do señor Indalecio.
Esta é a miña razón e seguro que todos vos tedes outras similares para querer conservar os nosos valores para as vindeiras xeracións.
O primeiro dos nosos obxectivos é polo tanto a captación desa xente que ten estas razóns, esas inquedanzas. Quero que saibades que podedes asociarvos, tanto para contribuír activamente nas diferentes areas de traballo que se deseñen, como para simplemente contribuír coa vosa presenza e apoio.
Ó longo do verán iranse deseñando as diferentes areas de traballo do seminario. Cada area traballará de forma independente nun campo diferente. O estudo de oficios, da música, a arquitectura, a literatura, a mitoloxía, o estudo de personaxes históricos, a fauna e a flora, a arqueoloxía, a fotografía, o patrimonio oral, a economía… Estes son algúns dos campos dos que falamos nas primeiras reunións deste colectivo e son se dúbida motivo de estudo, de defensa e de recopilación. Como vos digo o seguinte traballo deste colectivo, ó longo do verán será formar grupos de traballo en cada unha destas areas.
Sería pois do noso agrado que este acto de presentación servira para animarvos a apoiar esta iniciativa.
Pois debemos aprender do pasado para deseñar o noso futuro.
Agora pasamoa a ver un documento graáfico que representa a recuperación da nosa identidad






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



