SARRIA NA NOSTALXIA
Suso Fernández
Cronista oficial e Fillo predilecto de Foz
Hai preto de 40 anos, (24-6-75), publicaba “El Progreso” un artigo da miña autoría, titulado “Sarria, un pueblo importante”.Nel contaba cómo, dende a nenez, consideraba así este lugar que nen sequera coñecia: o motivo de tal calificativo viña dado polo que para mín era unha referencia de incuestionable obxetividade: na tenda de alimentación, que tiñamos na casa dos meus pais, había sempre latas de galletas das marcas “Venancio López” e “Barreal”, que levaban parello o nome da vila. É doado comprender que para un rapaciño dos miserentos anos 40, un pobo que contaba polo menos con dúas fábricas de lambetadas tiña que ser, á forza, importante.
Pasaron os anos e, polos 50, xa un rapaz, estudante en Lugo, cheguei a Sarria. e descubrín outro sinal de grandeza: a señorial Sociedade “La Unión”… Alí, aos seus xardíns e salóns, acudíamos cada domingo a saciar a sede das ilusións xuvenís, atraídos pola beleza e o engado daquelas mozas; cita que, en ocasións se frustraban parcialmente, ao derivar a estadía na vila hacia as tabernas con bó tintorro e exquisito pulpo, que tamén entón descubrín. Os inexorables aconteceres da vida racharon por moitos anos coas visitas, pero os iniciais afectos prenderan xa, mesturándose a tenra lembranza infantil, coas vivencias ilusionadas da primeira xuventude…
Foi un domingo de maio de 1970 cando voltei a ela e, se ben tiña novas do seu desenvolvemento, á vista del admireime ante a evidencia. Aquel día detívenme nos Catro Camiños, volvín a saborear o pulpo que se cocía nas beirarrúas que, a soas, percorrín e comprobei cómo Sarria se transformaba; como medraba en importancia, pois a vila xa non era só as fábricas de galletas da nenez, a Sociedade a Unión, nen o viño e o pulpo das miñas lembranzas. Sarria estaba en plena efervescencia comercial e industrial; as fábricas de mobeis, as granxas e chacineirías, marmolerías, etc. ían configurando a súa magnitude económica, gañada a pulso. Paralelamente, no eido cultural, xurdía “Meigas e Trasgos”, a obra inspirada e promovida por “meiga” tan fermosa e dinámica, tan vital, Carmela, que levou ó colectivo a conquerir grande prestixio en toda Galicia; e no deportivo, a Sarriana, que presidía Antonio Peña, colegas que fomos, dirixindo as oficiñas bancarias da mesma entidade nos pobos respectivos; e no lúdico e gastronómico “Litmar” que rexentaban Lolita e Osmar. De contado fíxenme cunha chea de amigos: Marité Guillade e Víctor Villarabid, compañeiros en Radio Popular e El Progreso, repectivamente; Paco Pallares, que do meu pobo levou a súa media laranxa: Mari Conde; Lolita Rivela e Rebeca; Sobrado, Latorre, a quen a convivencia cos billetes e letras de cambio nono eximía de fino amante da cultura; Xosé Moreda ¸que a cotío camiña, con aire marcial, ergueito coma un carballo, polas rúas da vila; Anxel López (o Asturiano) e Irene, que na súa casa de Riosol tantas veces nos acolleron, e que na beiramar focega tiñan chalet que era ambaixada sarriá; Amparín, Rocío e Víctor coa súa ampla tripulación, en termos mariños; Dimas, Antonio (Paco de San Pedro); J. García Bernardo, vello amigo que, coa galanura que lle é propia, cada domingo nos da unha pincelada dos avatares da política local; Ezequiel; Patulas, mestre de barmans, Luis Parga, Genin, Somoza, Paillet, O Crudo, o doutor Anxel Iglesias….e os músicos superviventes da desaparecida Banda, que se acubillaban baixo a marca de “Os Ameneirizas”: Fernando, Ramón, Martucho (na súa bodega cántas veces bebín o viño da amizade!), Meixente, Paco “Xato”, etc. que un día enfadáronse comigo porque nun artigo chameilles “conxunto informal de música”. Aclarado o senso da frase, como non podía ser doutro xeito, quedou esquecida a anécdota, e tantos outros que, logo do tempo transcurrido, pérdense os nomes nos recunchos da memoria, ¡nunca as persoas!.
Non tardou en reorganizarse a Banda, que escoitei por vez primeira nos Remedios, no Alto do Cesar, na compaña e co asesoramento musical de Enrique Alvarellos, director da Coral de “Meigas”, logrando entón que actuara no San Lourenzo de Foz do ano 80. Foron tempos de xuventude e de ilusións que quedan na lembranza das mais entrañables vivencias. Tamén daquela prodigáranse as relacións entre xentes de ámbolos pobos, conseguindo que o concello focego dedicase ó de Sarria unha ampla rúa na zona residencial , que como tal perdura.
Volvín moitas veces a Sarria, sempre con ansias, pois confeso que me inclino polas persoas, polos pobos nos que atopo mútua simpatía, recíproco agarimo, amplitude de miras. O “estar a gusto”, fundamental para a convivencia, faise en min irresistible esixencia´; ocasións ledas unhas, tristes outras, nesa alternancia das motivacións da vida mesma. Volvín aos xardíns da Unión, ás súas Noites Meigas, mesmo para presentar os actos desenvolvidos nunha delas; participando na cea americana do San Xoan, ou instalando no seu local social unha exposición fotográfica da Ruta Pardo de Cela, organizada pola asociación O Mundo de Galea, da que son membro.
Nese intercambio cultural e co gallo do Día das Letras Galegas do ano 1987 – hai xusto 25 anos – o prestixioso musicólogo Canco López, entón un rapaz estudante no Conservatorio de Madrid, diu un concerto de piano no Clube Nautico de Foz, do que á sazón este cronista era Presidente.
No meo caótico arquivo hai constancia dun precedente de acto cultural levado de Foz a Sarria. Entre os numerosos impresos que gardo nel hai un anuncio que dí : “Teatro Salón- Sarria. Jueves, 26 de noviembre de 1936. Dos Grandes Funciones. A las 6 de la tarde y 10 y media de la noche.- A beneficio de Falange Española de las J.O.N.S. de Sarria, organizada por los camaradas de Foz, se llevará a escena la espléndida obra de Angel Custodio titulada “Los Cuatro Caminos”. Figura nela o reparto e os precios: Butaca, 2 pts.; Delantera 1,25 e Gral, 0,75.
“A este acto patriótico deben concurrir todos los vecinos de Sarria, cooperando con su arraigado civismo a engrandecer la labor de Falange en este Partido. Quien así no lo hiciere no merece calificativo de ciudadano ni podrá vanagloriarse de haber tomado parte en esta Santa Cruzada que a todos los buenos españoles nos está encomendada. Ciudadanos de Sarria: ¡¡ Arriba España!!
Pé de imprenta: Felipe Rodríguez. Porvenir, 8 .Sarria”.
O paso inexorable do tempo fai que se reduza a nómina dos amigos. A vida do ser humano, por moi longa que sexa, sempre é curta; o que de verdade importa é a da comunidade, dos que foron, dos que son e dos que serán; a continuidade. Desa cadea nós somos unha breve faísca, unha muxica entre dúas noites que nos chaman e nos engulen. I é que
“corazón: ya vamos viejos;
Ya van quedando muy lejos
Los recuerdos del ayer.
¡Ya ha nevado en mi cabeza!
Ya siento la enorme tristeza
De lo que no ha de volver”.
Cando por un casual atópome con Sonia López, admirada amiga, embaixadora da beleza, a simpatía e a intelixencia da muller sarriá, ó saudarnos garimosamente veñen á miña mente os versos de Campoamor que, na súa parodia, din:
“as netas das avoas que amei tanto
bícanme xa como se bica a un santo…”
Agradezo a invitación que se me fixo a colaborar no libro desta tradicional efeméride, que me permite activar tantos vellos episodios que tiveron por denominador común as felices horas da amizade compartida; e pois, como dixo o poeta francés Novalis, “os recordos son o único paraíso do que ninguén pode expulsarnos”.
—————————–
Logo de tantas inesquecibles vivencias nestas terras e con estas xentes, hoxe en día, un médico sarriano, o doutor Alvaro Franco, benquerido amigo, que Cupido afincou na vella e histórica Mondoñedo, é quen, dende o Centro Médico de Foz, terma da miña saúde. Cousas da vida!.
———————-
P.D.: cando remato o relato que antecede chégame a nova da maternidade de Sonia. ¡Felicidades!. Vida e saúde para Lucas…
Sarria: sempre na nostalxia e no corazón. Boas festas!.
Foz, polo San Xoan de 2012

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



