Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor e Mª Ángeles Veiga Varela, en representación do grupo Municipal UNIFOZ, e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ, na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:
Que unha vez máis, segundo informacións que nos trasladan os veciños e veciñas deste municipio, temos que denunciar publicamente a pouca ou nula atención que se está a prestar por parte do equipo de goberno de Foz ao mantemento de zonas de recreo, a pesar de que se contratou unha empresa externa para estes traballos e que, se gastaron para tal fin, polo menos, máis de 60.000 €.
Estámonos a referir a un paseo polos que circula moita xente e xuntamos fotografía como testemuña da situación na que se encontra. Segundo nos comentan os veciños, xa comunicaron esta situación ao Concello pero ninguén lles fai caso.
Todo isto está a pasar pola falla de planificación e organización dos medios dispoñibles deste equipo de goberno que realiza o mantemento das áreas de recreo segundo os veciños proceden a facer denuncia pública e non segundo unha planificación concreta de necesidades. Por todo o exposto,
SOLICITA: Que se tomen as medidas oportunas e se proceda á organización da limpeza das zonas verdes e áreas recreativas para a súa corecta conservación.


















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



