A conselleira do Medio Rural e do Mar fixo entrega dos títulos de propiedade da zona de concentración parcelaria de Miñotos, neste concello lugués
ROSA QUINTANA DESTACA QUE A PARCELARIA DE OUROL MELLORARÁ AS INFRAESTRUTURAS E O NIVEL ECONÓMICO DA ZONA
A titular de Medio Rural e Mar lembrou tamén que estes procesos contribúen a mellorar e modernizar as explotacións agrícolas, así como as vías de comunicación e de acceso a novas fincas
Esta parcelaria supón a reorganización de 3.871 parcelas en 820 fincas pertencentes a 384 propietarios e nela investíronse máis de 2,6 millóns de euros
Ourol (Lugo), 7 de xullo de 2012.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, fixo hoxe entrega dos títulos de propiedade da zona de concentración parcelaria de Miñotos, no concello lugués de Ourol.
Rosa Quintana destacou neste acto as vantaxes dos procesos de concentración parcelaria, posto que melloran as infraestruturas e o nivel económico da zona e supoñen a reordenación das propiedades. A titular de Medio Rural e Mar lembrou tamén que este tipo de reorganización do territorio axuda a facer máis viables as explotacións agrícolas, mellorando as vías de comunicación e de acceso a novas fincas e contribuíndo a aumentar a capacidade produtiva do agro.
Reorganización da propiedade
Neste caso concreto, a concentración parcelaria da zona de Miñotos supuxo a reorganización de 3.871 parcelas en 820 fincas, pertencentes a 384 propietarios. O orzamento investido dende o inicio deste proceso supera os 2,6 millóns de euros, dos cales a meirande parte foron destinados á execución da rede de camiños principais e ao acondicionamento de fincas.
Outras obras na zona
O departamento que dirixe Rosa Quintana ten executadas outras obras neste concello lugués de Ourol, entre elas as que se enmarcan nos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM). Así, no ano 2009 procedeuse á mellora de camiños no municipio cun orzamento superior aos 100.000 euros; no 2010 realizouse o acondicionamento do firme no camiño de Lobeiras-Bullo por máis de 38.000 euros. O programa PEIM para o presente ano ten un orzamento de preto de 76.000 euros, para executar en diferentes obras.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



