ANTONIO VEIGA RECÓRDALLE AO ALCALDE DE BARREIROS QUE É A XUNTA QUEN NON DÁ DIÑEIRO AO CONCELLO PARA CULTURA E BENESTAR SOCIAL
Antonio Veiga respondeu ás críticas vertidas aos medios polo alcalde de Barreiros esta mañá
Veiga afirmou que “na mesa de valoración das subvencións había un representante do PP e non houbo ningún voto en contra nin alegacións”
Antonio Veiga afirma que “isto demostra a estratexia do PP: tapar o que realmente se esconde detrás, que é a ausencia de axudas ás asociacións culturais e ao Servizo de Axuda no Fogar”
Lugo, 6 de xullo de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, respondeu ás críticas vertidas aos medios de comunicación esta mañá por parte do alcalde de Barreiros, nas que acusaba á Deputación de destinar máis cartos á cultura que ao benestar social no Concello de Barreiros, afirmando que “o que realmente está a acontecer, e o alcalde de Barreiros trata de tapar, é que hai unha administración, a Xunta de Galiza, que non aporta nin un euro aos colectivos culturais nin ao propio concello para a prestación do Servizo da Axuda no Fogar e, desgrazadamente, é a Deputación quen unicamente aporta diñeiro para cubrir este tipo de iniciativas e servizos. Isto denota claramente cal é a estratexia do PP, vistas as declaracións tamén en días pasados do sr. Balseiro, que manifestan un claro nerviosismo no seo do PP pola nula xestión que están a facer, desfacendo o sistema de benestar e sumindo á sociedade máis aínda na pobreza con recortes tras recortes”.
No tocante aos criterios de concesión de subvencións a entidades culturais, axudas que se aprobaron hoxe en Xunta de Goberno, o vicepresidente da Deputación foi moi claro: “existen uns baremos e criterios que son públicos, coñecidos e obxectivos para a valoración dos proxectos presentados e convócase unha mesa de valoración destas axudas, que tivo lugar o martes pasado, na que participan os tres grupos políticos con representación na Deputación de Lugo, polo que non se poden entender agora estas queixas cando nesa mesa de valoración non houbo ningún voto en contra nin se presentaron alegacións de ningún tipo. Na Deputación existen uns criterios que afondan na xustiza, transparencia e legalidade para este tipo de convocatorias, algo do que seguramente adoece de aplicar o Concello de Barreiros. Ademais, non é de recibo que o alcalde de Barreiros manexe unha información que non podería manexar, xa que estas axudas non se aprobaron até que se celebrou a Xunta de Goberno, porque é este o órgano competente para aprobalas, e as cantidades correspondentes a cada asociación non son públicas até ese momento”.
Por último, Antonio Veiga esixiulle ao alcalde de Barreiros “respecto ás persoas que desinteresadamente participan en colectivos culturais e que ocupan parte do seu tempo en iniciativas que dinamizan o pobo e o que non debería facer é poñer unha etiqueta de esta asociación é de tal ou cal partido”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



