A Deputación potencia o ocio medioambiental como oportunidade económica da provincia coa 3ª edición de Lugoteando
– A Vicepresidenta Segunda anunciou que este ano, por primeira vez, o programa esténdense a toda a provincia e prolongarase durante tres meses –de xullo a setembro- co fin de que máis familias e xente nova poidan gozar das actividades de lecer ecolóxico
– Paddle surf, bolas e bananas acuáticas, scooters acuáticos, skates eléctricos, surf, kite surf, paseos en batuxo e canoa, e percorridos en segway, son as propostas deste ano, que se ofrecerán en Lugo, Monforte, Vilalba, Viveiro, Foz e A Fonsagrada
– A inscrición no programa, cofinanciado ó 70% pola Unión Europea, pode facerse dende hoxe chamando ós teléfonos 982-12-00-64 ou 609-90-32-11; a través da web da Deputación www.deputacionlugo.org ou ben in situ, antes de que comece cada actividade
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, anunciou este luns a posta en marcha da terceira edición de Lugoteando, un programa cofinanciado ó 70% polos fondos europeos FEDER a través do proxecto Lug02, co que o organismo lugués potencia “o ocio medioambiental como oportunidade económica da provincia, aproveitando e poñendo en valor os grandes recursos fluviais e litorais cos que contamos”, subliñou Méndez. Dada a boa acollida que tivo esta orixinal iniciativa nas dúas primeiras edicións, pois participaron preto de 3.000 persoas, tanto de Lugo, como do resto de Galicia e incluso de fóra, “decidimos estender este ano, por primeira vez, as actividades de ocio ecolóxico a toda a provincia e prolongalas durante tres meses, xa que ata o de agora eran dous, co fin de que máis familias e xente nova poidan gozar das actividades de lecer ecolóxico, e seguir potenciando o turismo, un sector que representa o 30% do PIB lucense”, explicou a Vicepresidenta. “Poñer en valor a nosa riqueza natural supón máis ingresos para a provincia e máis turismo”, destacou Méndez.
Deste xeito, entre o 21 de xullo e o 9 de setembro ofreceranse nos Concellos de Lugo, Monforte, Vilalba, Viveiro, Foz e A Fonsagrada as seguintes propostas: paddle surf, que tonifica todos os músculos ó remar a bordo de táboas de surf; bolas e bananas acuáticas para flotar sobre a auga; scooters acuáticos para mergullarse como golfiños; skates eléctricos; surf; kite surf, unha variante espectacular deste deporte que non deixa de gañar adeptos; paseos en batuxo e canoa; e percorridos en segway, un vehículo eléctrico de dúas rodas con autobalanceo controlado por ordenador. Estas actividades son totalmente respectuosas co entorno e están dirixidas a calquera persoa maior de 7 anos de idade.
A inscrición pode facerse dende hoxe mesmo chamando ós números de teléfono 982-12-00-64 ou 609-90-32-11; a través da web da Deputación www.deputacionlugo.org na que o usuario pode descargar un formulario que debe enviar cuberto á dirección lugoteando@deputacionlugo.org ou ben in situ, antes de que comece cada actividade. Esta última opción non garante que haxa prazas libres. No caso dos menores de idade, terán que presentar unha autorización asinada polos pais ou titores, que poden descargar na web e enviar por correo a lugoteando@deputacionlugo.org ou ben presentar antes do inicio das actividades que desexen participar.
Datas e lugares
As datas e localizacións das actividades de Lugoteando son as seguintes:
– 21 de xullo, no Parque dos Condes de Monforte de Lemos.
– 28 de xullo, na área recreativa da Madalena de Vilalba.
– 18 de agosto, no entorno do Club Náutico de Viveiro.
– 19 de agosto, na praia focense da Rapadoira.
– 25 de agosto, na Praza do Museo da Fonsagrada.
– Días 6, 7, 8 e 9 de setembro, no río Miño ó seu paso por Lugo.
En tódolos lugares, as actividades desenvolveranse entre as 15:00 e as 20:00 horas.
Preto de 3.000 persoas
Dende a posta en marcha do programa Lugoteando, foron preto de 3.000 persoas as que redescubriron ou coñeceron por primeira vez a riqueza fluvial e litoral da provincia, pois, nas dúas edicións celebradas, non só houbo participantes dos Concellos lucenses, senón doutras partes da comunidade galega, como Ferrol e A Coruña, e incluso de fóra, como a zona occidental de Asturias.
A Vicepresidenta Segunda destacou que este programa reforza outras iniciativas “coas que dende a Deputación potenciamos o medio ambiente como oportunidade económica da provincia, tales como o Km0, que leva xerado un volume de negocio de 1,5 millóns de euros nas empresas da provincia, sobre todo PEMES e autónomos, e contribúe a manter 1.400 postos de traballo directos de preto de 250 empresas; o Km0 Balnearios no Camiño, co levamos o pasado ano 1.350 persoas ós establecementos termais de Palas, Pantón, Lugo e Guitiriz, e este ano levaremos outras 1.400; ou o Surf Camp, que serve de tirón para aumentala ocupación hoteleira na Mariña fóra de tempada, chegando na última edición a rozar o 80% na zona oriental da comarca, e incluso superar esta porcentaxe no Concello de Ribadeo”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



