A Fundación TIC colabora coa Asociación Mariña Jazz na difusión destes estilo musical e a súa aprendizaxe
– O patrono da Fundación TIC, José Ramón Val, e o presidente de AMAJAZZ, Jesús Arranz González, asinaron un convenio segundo o que bolseiros da TIC levarán a cabo a gravación do V Seminario de Jazz e Música Moderna que organiza o colectivo en Burela
– A TIC incrementou este ano en máis dun 400% os acordos con diferentes asociacións sen ánimo de lucro da provincia en apoio da súa actividade e co obxectivo de facilitar a inserción laboral dos estudantes e titulados da EIS
O Deputado de Economía do Coñecemento e patrono da Fundación TIC, José Ramón Val Alonso, e o presidente da Asociación Mariña Jazz, AMAJAZZ, asinaron un convenio de colaboración para promocionar a música de jazz e a súa aprendizaxe, a través do labor educativo e de divulgación que este colectivo cultural está a levar a cabo na Mariña. Bolseiros da TIC levarán a cabo a gravación do V Seminario de Jazz e Música Moderna, que terá lugar a vindeira semana, en Burela, así como a realización de traballos audiovisuais de divulgación doutras actividades que organice o colectivo como jam sessións, master class, e concertos. O acordo permite cos estudantes e titulados da Escola de Imaxe e Son de Lugo complementen a súa formación práctica e tomen contacto co mundo laboral
A Asociación Mariña Jazz, AMAJAZZ, naceu a principios deste ano co obxectivo de dar continuidade ó Seminario de Jazz e Música Moderna que se vén celebrando na localidade mariñá dende o ano 2008, e que o ano pasado estivo a piques de desaparecer. Para evitalo, os pais e alumnos maiores de idade que participaron en edicións anteriores decidiron xuntarse para organizar o evento e outras actividades relacionadas co jazz.
A promoción cultural da TIC
A Fundación TIC ten asinados 110 convenios con asociacións sen ánimo de lucro da provincia e mantén contrato con máis de 60 empresas nacionais do sector multimedia. O principal obxectivo destes acordos é proporcionar experiencia laboral ós alumnos e titulados da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas do sector audiovisual, para que complementen a súa formación e poidan acceder con máis facilidade a postos de traballo no sector audiovisual.
Entre as organizacións coas que colabora a Fundación TIC figuran ONGs e asociacións culturais para apoiar o seu labor social e impulsar a inserción laboral de persoas con discapacidade, e entidades deportivas que fomentan o deporte base, así como empresas que fomentan o emprego das novas tecnoloxías no tecido industrial da provincia. Este ano, a Fundación TIC incrementou en máis dun 400% os convenios asinados con colectivos lucenses.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



