As Carboeiras de Sargadelos son escenario da exposición Nuevo Cuerpo que inclúe unhas 200 creacións
-Os autores son 14 artistas que forman parte do colectivo Galbana
Cervo, 28 de xullo de 2012-O Concello inaugurou esta tarde unha nova exposición nas Carboeiras de Sargadelos. Titúlase Nuevo Cuerpo, e está composta por unhas 200 pezas de 14 artistas que conforman o colectivo Galbana. Este grupo está integrado por persoas que estudaron Belas Artes na Universidade de Salamanca e que, no seu día, uníronse para realizar proxectos conxuntos, como é o caso desta mostra.
Trátase dun colectivo dinámico e aberto que busca a renovación constante. Un bo exemplo é esta mostra, que se exhibe por primeira vez e que, segundo os seus promotores, non volverá ser exposta da mesma maneira, coas mesmas obras nin baixo o mesmo nome en ningún outro lugar. Ao mesmo tempo, os seus membros comparten un mesmo obxectivo: achegar a arte actual ao maior número de persoas e facelo universal.
En canto á exposición, o nexo de unión é a temática, o corpo, xa sexa humano ou animal, pero tratado dende perspectivas moi diferentes e técnicas variadas. Deste xeito, o visitante poderá atopar fotografías dixitais, esculturas, cadros, acuarelas, instalacións ou matrices. As creacións están repartidas en tres salas atendendo ás diferentes formas de entender o mesmo concepto do corpo: unha sala con pezas máis formais, profundas e espirituais; outra que amosa unha visión máis frívola e unha última máis cotiá.
Na inauguración estivo presente o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso e varios compoñentes do colectivo Galbana. A delegada de Cultura asegurou compartir “la filosofía del colectivo Galbana en relación al arte y a la cultura en general, que deben ser accesibles a todas las personas y llegar al público”. Alonso anima a
cervenses e visitantes a “acercarse hasta este enclave fascinante como es el Conjunto Histórico Artístico de Sargadelos a contemplar esta exposición de tema único pero con múltiples miradas, rica en matices y en perspectivas que nos permite ver el cuerpo a través de los ojos de 14 artistas”. A mostra poderase visitar ata o 25 de agosto de martes a sábados en horario de 18:00 a 20:30 horas.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



