Inscritas xa 300 persoas en Lugoteando, co que a Deputación potencia o ocio medioambiental como oportunidade económica
– A segunda xornada de actividades de lecer ecolóxico tivo lugar este sábado na área recreativa de A Madalena, en Vilalba, con 80 participantes, que gozaron de paddle surf, bananas acuáticas, scooters acuáticos, skates eléctricos e segway
– As próximas citas son o 18 de agosto en Viveiro; o 19, en Foz; o 25, na Fonsagrada; e entre os días 6 e 9 de setembro, en Lugo. A inscrición pode facerse nos teléfonos 982-12-00-64 ou 609-90-32-11; en www.deputacionlugo.org ou ben in situ antes das actividades
Unhas 300 persoas están anotadas xa na terceira edición de Lugoteando, o programa co que a Deputación de Lugo potencia o ocio medioambiental como oportunidade económica da provincia, tan só 11 días despois de abrirse o prazo de inscrición, o que pon de manifesto o éxito de convocatoria que un ano máis acada esta iniciativa, financiada ó 80% polos fondos da Unión Europea a través de Lug02.
Trala inauguración das actividades de ocio ecolóxico a pasada fin de semana en Monforte de Lemos, este sábado celebrouse en Vilalba a segunda xornada. Na área recreativa da Madalena, unhas 80 persoas gozaron de paddle surf, bananas acuáticas, scooters acuáticos, skates eléctricos e segway.
As seguintes citas son:
– 18 de agosto, no entorno do Club Náutico de Viveiro.
– 19 de agosto, na praia focense da Rapadoira.
– 25 de agosto, na Praza do Museo da Fonsagrada.
– Días 6, 7, 8 e 9 de setembro, no río Miño ó seu paso por Lugo.
Monforte, Vilalba e Viveiro son as localidades ás que a Deputación leva por primeira vez este ano as actividades de Lugoteando, que decidiu estender, tanto en número de concellos, como na duración, para que máis familias e xente nova poidan gozar das súas propostas.
En tódolos lugares, as actividades desenvolveranse entre as 15:00 e as 20:00 horas. Haberá paddle surf, que tonifica todos os músculos ó remar a bordo de táboas de surf; bolas e bananas acuáticas para flotar sobre a auga; scooters acuáticos para mergullarse como golfiños; skates eléctricos; surf; kite surf, unha variante espectacular deste deporte que non deixa de gañar adeptos; paseos en batuxo e canoa; e percorridos en segway, un vehículo eléctrico de dúas rodas con autobalanceo controlado por ordenador. Estas actividades son totalmente respectuosas co entorno e están dirixidas a calquera persoa maior de 7 anos de idade.
Como inscribirse
A inscrición pode facerse chamando ós números de teléfono 982-12-00-64 ou 609-90-32-11; a través da web da Deputación www.deputacionlugo.org na que o usuario pode descargar un formulario que debe enviar cuberto á dirección lugoteando@deputacionlugo.org ou ben in situ, antes de que comece cada actividade. Esta última opción non garante que haxa prazas libres. No caso dos menores de idade, terán que presentar unha autorización asinada polos pais ou titores, que poden descargar na web e enviar por correo a lugoteando@deputacionlugo.org ou ben presentar antes do inicio das actividades nas que desexen participar.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



