As solicitudes para o vindeiro curso na Escola de Imaxe e Son aumentan case un 40% días antes de rematar o prazo de preinscrición
– Ata o xoves, os interesados en formarse no único centro da provincia que imparte ensinanzas superiores audiovisuais poden presentar a documentación para optar ás 44 prazas
– Gómez Besteiro entregou hoxe ós compoñentes de Aires da Poxa 1.000 copias de “Con ton e son”, o CD que lle editou e financiou a Fundación TIC a este grupo da Pobra do Brollón
O prazo de preinscrición para o curso 2012-2013 na Escola de Imaxe e Son (EIS) está aberto dende o 22 de xuño ó 5 de xullo. Dende entón, xa formularon a súa solicitude para os ciclos superiores de Realización e Produción un total de 37 persoas, o que supón un incremento de case o 40% con respecto ó mesmo periodo no ano pasado. A maioría dos solicitantes proceden de 2º de BAC e, en menor medida, séguenlle os que pasaron as probas de acceso ou teñen outro ciclo superior.
Ata este xoves, todos os interesados en formarse no único centro da provincia que imparte ensinanzas superiores na rama audiovisual poden presentar a seguinte documentación nas instalacións da Escola, situada na rúa Frei Plácido Rey Lemos da capital: fotocopia do DNI, certificación académica e o impreso cuberto que atoparán na web da Fundación TIC (www.fundaciontic.org) ou na propia EIS.
Unha vez rematado este prazo, o 6 de xullo farase pública a listaxe de admitidos, así como os solicitantes que quedan en lista de espera e os excluídos. A matrícula, que por quinto ano consecutivo é gratuíta para os novos alumnos, poderá formalizarse do 10 ó 18 de xullo. A Escola de Imaxe e Son ofrece 44 prazas, 22 para cada un dos módulos de primeiro de Realización e Produción. O centro imparte 2.000 horas lectivas, distribuídas en dous cursos formativos. Desde o inicio das actividades da EIS, en 2003, preto de trescentos alumnos cursaron os seus estudos no centro. Pero non foi ata o ano 2009 cando, por primeira vez, se cubriron todas as prazas e, debido á elevada demanda, houbo lista de espera.
Entre os obxectivos prioritarios da Fundación está o de facilitar a insercion laboral dos alumnos da EIS. Na actualidade, a Fundación TIC mantén convenio con máis de 70 empresas nacionais do sector multimedia e ten asinados máis de 100 convenios de colaboración con ONGs, asociacións culturais e entidades deportivas para difundir o seu labor mediante a realización de proxectos audiovisuais. Esta liña de colaboración permite que os alumnos e titulados da Escola leven a cabo traballos profesionais a través dun programa de bolsas que lles facilitan a súa incorporación ó mercado laboral.
Entrega dun novo CD
O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, fixo entrega este luns do CD “Con ton e son” ós compoñentes do grupo de Salcedo Aires da Poxa, da Pobra do Brollón, que recolle media ducia de temas de música tradicional galega, mesturada con composicións propias. O disco pertence a “Son Lugueses”, a colección de proxectos musicais editados e financiados na súa totalidade pola TIC co fin de impulsar ós artistas da provincia. Gómez Besteiro entregou á formación musical 1.000 copias do traballo audiovisual gravado nos estudos da produtora Miño Media, emprazados no municipio do Corgo.
Aires da Poxa naceu nos anos 80 froito das inquedanzas musicais dalgúns membros doutro grupo da parroquia pobrense de Salcedo, Limiar, como alternativa para seguir polo camiño da foliada e a alborada na comarca de Lemos. Tras a súa disolución, a mediados dos 90, a formación rexurdiu no mes de maio de 2010, para continuar o camiño emprendido no pasado. Neste último ano, a agrupación musical actuou en decenas de alboradas e festas en toda Galicia, incluído o Entroido da súa parroquia, no que nas dúas últimas edicións amenizou á espera da saída do afamado Oso de Salcedo. Aires da Poxa está composto por Xeila Castro e Álvaro Moscoso, nas gaitas; María Fernández, na pandeireta; Martín González, na caixa e voz; Alberte González, na voz e percursión; e Iván Pérez, no acordeón.
A TIC cos músicos de Lugo
A Fundación TIC presta a súa colaboración ós músicos da provincia co fin de difundir o seu traballo dentro e fóra de Lugo. Proba delo é a colección “Son Lugueses”, na que se inclúen, entre outros, os traballos discográficos das Bandas de Música de Vilalba e Sarria, o himno oficial do Arde Lvcvs da Cohors III Lucensium e o do grupo monfortino La Cuarta Pared. Ademais, profesionais e bolseiros da TIC realizaron nos últimos anos varios vídeos musicais como “Torres de Compostela”, da eurovisiva Lucía Pérez; “La búsqueda” e “New conclusions”, dos grupos ribadenses “Escala Dinker” e “Sun Face”; así como o do grupo do Incio “Arandela”, de música tradicional. Tamén ven ofrecendo apoio en varios festivais de música como o “Festival Solidario de Baganda”, celebrado no 2010 en Castro de Rei; o “Resurrection Fest 2011”, o “Hardcore Assault” e a Canción do Landro, en Viveiro. Este último foi gravado por alumnos e bolseiros da TIC para a súa emisión en “V Televisión” e na segunda canle da TVG.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



