A asociación Mariña Jazz (AMAJAZZ) convida a todos os públicos ao concerto de clausura do V Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, que terá lugar hoxe, venres 20 de xullo no auditorio da casa da cultura ás 20:00 horas. Nel tocaran todos os alumnos, profesores e agrupacións participantes no seminario, e, ao final do mesmo, o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Veiga fará entrega entrega dos diplomas acreditativos do curso. Dende a Asociación Mariña Jazz (AMAJAZZ), entidade organizativa do evento, agradécese a masiva asistencia de público a todos os concertos do V Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela dado que sobrepasa, con moito, as expectativas iniciais.
