FUENTE PARGA ACUSA Á AREA DE CULTURA E BENESTAR DA DEPUTACIÓN DE DISCRIMINAR AOS VECIÑOS DE BARREIROS E DE ENGANALOS.
Barreiros, 7 de xullo de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, acusa á Área de Cultura e de Benestar de discriminar aos vecinos e ás veciñas de Barreiros. E subliña que o Concello colaborará con todos os medios dos que dispón con todas as asociacións do municipio.
Fuente Parga lamenta que Antonio Veiga intente engañar aos veciños e veciñas de Barreiros, “o Concello de Barreiros recibe da Xunta de Galicia 130.000 euros para servizos socias, frente aos 8.200 euros que aporta a Deputación de Lugo, recibimos 30.000 euros para a gardería municipal, frente aos cero euros da Deputación, recibimos 61.000 euros para arranxar camiños, frente aos cero euros da Deputación, e pola contra a Xunta de Galicia para festas e saraos non aporta nada, frente a mais de 10.000 euros que aporta Deputación Provincial”.
O alcalde barreirense lembra que “a Xunta de Galicia, colabora co Concello de Barreiros na organización de diversos actos culturais, xa que o Concello é o ente que representa a todos os veciños, pero o señor Veiga prefire subvencionar as asociacións por enriba dos concellos”.
Para Alfonso Fuente “éstas son as prioridades da Deputación, festa e jolgorio, mentres que a Xunta de Galicia e o Concello de Barreiros, pagan os servizos prioritarios e básicos para os veciños e veciñas”. O rexedor engade que “o equipo de goberno popular de Barreiros, respeta a todas as asociacións que traballan desinterasadamente no noso concello, pero quede ben claro a todas, non como pasa dende a Deputación que solo a dúas lles da 10.100, euros, mais que a todas as outras xuntas”.
Alfonso Fuente dixo que “hai asociacions que traballan acompañando aos nosos maiores en paseos, cos nenos impartindo clases de reforzo, xestionando un roupeiro para veciños que o necesitan, ou en campañas de recollida de alimentos, e reciben 200 euros de subvención por parte da Deputación, ou asociacións de veciños que reciben 300 euros da Deputación. Non nos extraña que ao señor Veiga non lle guste que o alcalde de Barreiros lle faga públicos estos datos, xa que a calquera responsable político, tiña que darlle vergoña”.
O alcalde de Barreiros sinalou que “os datos que ven de publicar o Partido Popular foron aprobados na xunta de goberno da Deputación Provincial, pero o señor Veiga prefire ocultalos, e por iso se enfada por que o alcalde de Barreiros os faga públicos, por algo será, pero seguro que por nada bon”. E insistiu en que “o Concello de Barreiros, colabora e colaborará, con todas as asociacións aportando os medios dos que dispón, pero nunca discriminará a ninguén, como o ven de facer a Deputación Provincial de Lugo dende a Área de Cultura e Benestar”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



