O ALCALDE ASISTIRÁ O 25 DE XULLO EN SANTIAGO Á ENTREGA DAS MEDALLAS DE OURO A TÍTULO PÓSTUMO AOS TRES AXENTES DA POLICÍA NACIONAL FALECIDOS NA TRAXEDIA DO ORZÁN. GONZÁLEZ BARCIA SUBLIÑA QUE RODRIGO MASEDA É UN EXEMPLO DE XENEROSIDADE, CAPAZ DE DAR A SÚA VIDA POLA DOS DEMÁIS.
Burela, 18 de xullo de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, asistirá o vindeiro 25 de xullo en Santiago á entrega das medallas de ouro a título póstumo aos tres axentes do Corpo Nacional de Policía que perderon a vida na traxedia do Orzán. Rodrigo Masada, natural de Burela, perdeu a vida xunto a dous compañeiros o pasado 27 de xaneiro cando tentaban salvar ao estudiante eslovaco Tomas Velicky.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, destacou hai uns días que coa concesión da medalla de ouro o goberno galego quere recoñecer o sacrificio dos tres axentes falecidos na praia coruñesa do Orzán, así coma o traballo desenvolvido pola forzas e corpos de seguridade do Estado.
O rexedor dixo que “para toda a cidadanía de Burela é unha satisfacción que desde a Xunta se teñan acordado de concederlle a medalla de ouro da nosa comunidade autónoma a Rodrigo Maseda xunto cos seus compañeiros”.
González Barcia asistirá a ese acto “para amosar unha vez máis o apoio e o recoñecemento do Concello e do pobo de Burela a quen deu a vida polos demáis, a un veciño noso, un rapaz novo, que demostrou a súa vocación de servizo á cidadanía sen importarlle perder a súa vida para tentar salvar a doutras persoas. Rodrigo Maseda representa uns valores, que cada vez están a ser máis cuestionados”.
O alcalde engadiu que “nese acto estará representada Burela, o Concello e o conxunto da súa cidadanía. Alí estaremos porque consideramos que, como representantes de todos os veciños de Burela, debemos acompañar á familia de Rodrigo Maseda, aos seus pais e ao seu irmán. Este acto significa unha mostra de orgullo do que Rodrigo Maseda representa para todos nós. O que agardamos é que a figura deste xove burelés siga, como ata o de agora, sendo un referente para todos os cidadáns de Galicia, despois de que se lle entregue á súa familia a medalla de ouro de Galicia”.
Ao longo dos últimos meses foron varios os actos que se desenvolveron en homenaxe a Rodrigo Maseda e aos seus compañeiros do Corpo Nacional de Policía. O xoven burelés conta cunha lembranza especial na praia do Cantiño, á que acudía cando estaba en Burela na compaña dos seus amigos e familiares. González Barcia subliñou que “Rodrigo Maseda foi e é un exemplo de xenerosidade, algo que todos debemos ter moi presente”.
O acto de entrega das medallas de ouro de Galicia desenvolveráse o 25 de xullo ás 19:30 horas no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela e estará presidido polo titular do executivo galego, Alberto Núñez Feijoo. Tamén recibirán este galardón o grupo Milladoiro e a Real Academia Gallega de Medicina y Cirugía.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



