O CONCELLO BURELÉS ESTÁ A CUMPLIR COS COMPROMISOS PRESUPOSTARIOS DE INGRESOS E GASTOS. SEGUNDO GONZÁLEZ BARCIA OS GASTOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE ESTÁN AO DÍA. A CONTA XERAL DE 2011 PRESENTA UN SALDO NEGATIVO DE 60.000 EUROS.
Burela, 25 de xullo de 2012. A orde do día da sesión plenaria que a Corporación burelesa celebrará mañá tén unha parte marcada pola economía, con asuntos de importancia para o conxunto dos veciños, segundo o alcalde, José María González Barcia.
Así, vaise dar conta do estado de execución do presuposto municipal do presente ano. Segundo o rexedor, “estase mantendo un nivel de ingresos segundo o reflexado nos presupostos, e en certos casos, gracias ao traballo dos técnicos municipais, por encima do presupostado; por exemplo, foron dadas de alta no IBI algunhas construccións novas que o anterior alcalde non regularizara”. Ademais, González Barcia sinala que o ritmo de abono de facturas é satisfactorio, “o primeiro trimestre do presente ano está liquidado en boa parte”.
Por outra banda no pleno ordinario de mañá, 26 de xullo, vaise aprobar a conta xeral do presuposto do pasado exercicio de 2011. O alcalde burelés indica que existe un remanente de 25.000 euros para gasto afectado, aínda que o saldo é negativo en 60.000 euros, “a conta xeral é un documento de marcado cariz técnico que reflicte o estado da contabilidade municipal a 31 de decembro. Pero de non ser por Torrentes, estaríamos falando dun saldo negativo superior a medio millón de euros, e esto quere decir que a política do bipartito non foi precisamente a millor”.
Ademais, o Concello vai proceder a facer unha modificación do presuposto municipal para poder abonar os intereses derivados do crédito solicitado para levar adiante o Plan Anticipado de Pago a Proveedores, e que supoñen uns trinta mil euros, correspondentes ao segundo semestre do presente ano.
Finalmente, darase conta dun informe sobre o grao de cumplimento da Lei de Morosidade. O alcalde considera que “agora mesmo, estamos a cumplir de forma razoable coa lei”.