O Concello de Lourenzá ve perigar as festas do Conde Santo ao non continuar a comisión organizadora
Festas Conde Santo 2012 – Lourenzá
![]()
Dende o Concello de Lourenzá, faise saber que a día de hoxe periga a celebración das Festas Patronais do “Conde Santo 2012”, posto que a comisión que se encargou da organización das mesmas neste último par de anos, renunciou a facelo nesta edición.
Tendo en conta as circunstancias económicas actuais, e que nos pasados meses vimos de elaborar un “plan de axuste económico”; así como que é o propio Concello o que asume a organización da “Festa da Faba” (festa, esta, declarada de Interese Turístico), é polo que non se podería asumir a celebración de máis festexos por parte da entidade municipal.
En calquer caso, ofrécese a máxima colaboración (como se vén facendo cada ano), no caso de que algún grupo de persoas particulares, ou outro tipo de entidades, como poden ser as distintas asociacións que hai en Lourenzá, se decidisen a conformar unha Comisión para celebrar as nosas festas patronais; para o cal lles pedimos que non dubiden en poñerse en contacto co Concello.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



