Será o venres, 20 de xullo, a partires das 23 horas nas terrazas do cámping Gaivota en Barreiros. O artista barreirense Celso Dourado sinala que “Habelas Hainas é un grupo moi singular xa que suelen innovar a música tradicional do noso país. Teñen unha marcha impresionante e unha particularidade moi concreta, elas escenifican todas as súas actuacións”. O Eido Dourado, espazo adicado ao arte, abre as súas portas de martes a domingo na praia de A Pasada en horario de 11:30 a 13:30 horas polas mañás e de 18:00 a 21:00 horas pola tardes. A exposición pictórica de Celso Dourado foi renovada neste 2012.
