DENDE O PP DE RIBADEO DENUNCIAMOS O ENGANO QUE EMPREGA O ALCALDE NAS SUAS ACTUACIONS.
Nestes últimos días tanto nas vivendas do casco antigo de Ribadeo como nas da parroquia de Rinlo recibiuse unha comunicación do Concello suscrita polo Alcalde na que enganosamente informabase aos vecios da existencia dunha suposta liña de axudas municipais dirixidas ao finanzamento da rehabilitación das súas casas; pois ben, dende o PP denunciamos a falla de rigorosidade e de veracidade do contido destas comuniciacións xa que contrariamente ao que se dí, NON É CERTO QUE O CONCELLO DE RIBADEO CONCEDA AXUDA ALGUNHA PARA TAL FIN AO NON EXISTIR NO NOSO CONCELLO NENGUNHA LIÑEA DE AXUDA MUNICIPAL PARA FINANCIAR SEMELLANTES ACTUACIONS.
O Alcalde falla a verdade e engana aos veciños ao anunciar como propias do Concello unhas axudas que non son municipais senón que son AXUDAS CONCEDIDAS POLA XUNTA DE GALICIA MÁIS POLO GOBERNO DO ESTADO.
Os nosos veciños deben saber que estas subvencións que o Concello anuncia como municipais e que teñen por obxeto a rehabilitación das vivendas, encádranse dentro do programa de rehabilitación dos Cascos Antigos que leva a cabo a Xunta de Galicia, para o que se ten destinado neste ano máis de 11,2 millons de euros, é que no caso de Ribadeo vai dirixido á rehabilitación do Casco Histórico da Vila de Ribadeo e mais do Núcleo de Rinlo, trátase dunhas axudas a fondo perdido para a rehabilitación das viviendas incluidas dentro das ARI da Vila, que cubren un máximo do 75 % do importe do proxecto de reforma presentado, e que son consensuadas no seo da Comisión Bilateral sobre Áreas de Rehabilitación Integral de Galicia, na que ademáis da Consellería do Territorio intégrase o Ministerio de Fomento, a través da secretaría de Estado de Vivienda, sendo só xestionada a súa tramitación polos Concellos beneficiarios.
Novamente dende o PP denunciamos o que xa ven sendo unha práctica habitual do Alcalde, quen un día si e outro tamén non dubida en empregar os medios persoais e materiais do Concello no seu beneficio, facendo ante os veciños autopropoganda de actuacións que ou ben resultan inexistentes ou ben estan valeiras de contido e das que non se deriva nengún beneficio para o nóso Concello; esixímoslle ao Alcalde que traballe no interés da Vila e que sexa responsable na xestión dos recursos do Concello, que desbote o emprego de artimañas falaces tralas que únicamente se agocha o seu interés persoal en conquerir a complacencia do pobo aínda que para elo teña que enganar aos nosos veciños.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



