Remata a 4ª tempada de Km0, o programa co que máis de 35.700 lucenses xa redescubriron a provincia
– A Deputada de Economía recibiu hoxe ó último grupo da edición 2011/2012, un grupo de 48 persoa anotadas de xeito individual que fixeron a ruta Mosteiro-Pantón
– O programa medioambiental, que retornará en setembro, xerou dende a súa posta en marcha un volume de negocio de preto de 1,5 millón de euros, beneficiando a 250 empresas que dan emprego directo a case 1.400 persoas en sectores estratéxicos
– Nesta edición introduciuse por primeira vez a modalidade de pago, así como a variante Km0 Fin de Semana
A cuarta tempada do programa Km0, impulsado pola Deputación de Lugo co obxectivo de aproveitar a potencialidade do medio ambiente para xerar riqueza na provincia, chegou este martes ó seu remate, acumulando xa máis de 35.700 participantes dende a súa posta en marcha en 2008. A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, recibiu hoxe ó último grupo da edición 2011/2012 de Km0: 48 persoas anotadas de xeito individual, que fixeron a ruta Mosteiro-Pantón. Trala recepción, no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos, visitaron o Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, situado na Travesía da Rúa Chantada, para máis tarde dar un paseo polo Río Rato. Logo achegáronse á Reitoral de Santiago de Castillón para comer, e xa pola tarde visitaron San Miguel de Eiré, O Mosteiro de Ferreira de Pantón e a Bodega de Casa Moreiras. A actividade de Km0 retomarase en setembro, chegando á súa quinta tempada.
O proxecto xerou un volume de negocio de preto de 1,5 millóns de euros dende a súa posta en marcha grazas á participación de máis de 35.700 persoas de case 390 asociacións nun total de 752 rutas. Deses preto de 1,5 millóns, un total de 1,1 foron beneficios directos para as preto de 250 empresas colaboradoras, todas PEMES e autónomos, que dan emprego directo a preto de 1.400 persoas en sectores estratéxicos da economía lucense, como son a hostalería, o comercio, a artesanía ou o turismo, xa que os participantes paran en restaurantes, casas de turismo rural, pero tamén lonxas, adegas, queixerías, fábricas de embutidos, produtores de fabas, obradoiros artesáns, museos ou parques naturais. O importe restante, preto de 340.000 euros, correspóndense ó gasto indirecto dos participantes.
Co aval da Unión Europea
Este programa está avalado pola Unión Europea, pois concedeulle á Deputación fondos especificamente destinados a este fin a través do plan Lug02. Sen embargo, ante a previsión de que podan acabarse os fondos europeos e poder sobrevivir máis alá das axudas públicas da administración, nesta edición, a institución provincial introduciu, por primeira vez, a modalidade de pago, a un prezo de 5 ou 8 euros, agás colexios e institutos públicos, para garantir a continuidade do programa medioambiental. O prezo rebáixase nun 10% a quen realice o abono on line.
Tamén as fins de semana
Nesta cuarta tempada, en concreto, o pasado 7 de xullo, estreouse tamén a variante Km0 Fin de Semana, que a institución decidiu poñer en marcha tras constatar, grazas á un exhaustivo balance elaborado por persoal da Deputación, os beneficios económicos que xera este programa e pola demanda das propias empresas colaboradoras. A Deputación conta de feito con ducias de escritos de empresas felicitándoa por ter emprendido esta iniciativa e que lle dea continuidade.
Con esta nova modalidade de fin de semana, o organismo provincial pretende abrir o abano de público participante e cubrir as peticións das máis de 7.600 persoas que había á espera de facer unha ruta. De xeito paralelo, nesta edición tamén se potenciou o Km0 en inglés, é dicir, o mesmo programa de rutas, pero con guías neste idioma, especialmente dirixido para persoas que queiran practicar o inglés.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



