A busca de emprego, principal inquietude dos 11.000 últimos usuarios do Servizo de Atención ó Cidadán da Deputación
– A información sobre cursos, principalmente sobre o Pacto polo Emprego e as becas Leonardo ofrecidas polo organismo provincial, foi a máis demandada nos últimos 5 meses neste novo servizo creado polo Goberno provincial
– Esta unidade prestou atención a 10.001 persoas por vía telefónica, 30 por medio do correo electrónico e 1.068 de maneira presencial dende o pasado mes de marzo, sendo o 65% mulleres de entre 35 e 45 anos
A busca de emprego foi a principal inquietude das 11.100 persoas que se dirixiron ó Servizo de Atención ó Cidadán da Deputación nos últimos 5 meses. A maioría dos usuarios deste novo departamento, que creou este Goberno provincial, como fixo coa área de Cooperación e Asistencia ós Concellos, demandaron información sobre os cursos do Pacto Provincial polo Emprego, a través do que a institución luguesa, co financiamento nun 80% da Unión Europea, abre novas oportunidades laborais a 340 lucenses no paro formándoos nas profesións con máis futuro, e sobre as 70 becas Leonardo da Vinci para novos titulados que ofrece a Deputación. As bases reguladoras, a documentación a entregar, axuda para cumprimentar as solicitudes, o prezo e o contido das accións formativas, o publico ó que se dirixen ou a publicación da lista de admitidos foron as cuestións máis formuladas por parte das miles de persoas que se dirixiron a este departamento provincial.
As restantes consultas estiveron relacionadas coas seguintes áreas:
– Área de Deportes, Cultura, Turismo e Benestar Social: información sobre actividades e bolsas de emprego, así como de axudas relacionadas co benestar social.
– Área de Recursos Humanos e Formación: consultas sobre cursos de formación ou listaxes de contratación para persoal laboral e funcionarios.
– Área de Vías e Obras: axudas para obras de mellora dirixidas a asociacións ou profesionais do sector primario.
– Servizo de Relacións Institucionais: información para participar en Km0.
– Servizos Xerais: axuda a cumprimentar instancias.
– Servizos económicos financeiros: información sobre impostos tramitados polo departamento de Recadación.
– Servizo de novas tecnoloxías: información sobre cursos ou páxinas web dos Concellos.
– Servizo de contratación: información sobre avais.
– Servizo de urbanismo e arquitectura: información sobre ruídos.
A información, en números
A Unidade de Atención ó Cidadán atendeu entre marzo e xullo a 11.099 persoas por distintas vías: presencial, vía telefónica ou mediante correo electrónico. Dende este departamento deuse información dunha maneira presencial a 1.068 persoas, a 30 por medio de correo electrónico (principalmente ós Concellos da provincia sobre a actualización de asociacións) e a 10.001 por vía telefónica, tanto externa como interna. O 65% dos usuarios foron mulleres de entre 35 e 45 anos.
No mes de marzo atendéronse 159 persoas de xeito presencial e 2.487 por medio telefónico, mentres que en abril foron 147 os usuarios que acudiron ás oficinas a demandar información e 1.990 os que chamaron por teléfono. En maio, 146 persoas acercáronse ó Pazo de San Marcos, mentres que 2.272 optaron por chamar ó 982-26-00-00 e, en xuño, foron 375 cidadáns os que visitaron a sede do organismo provincial para solicitar algún tipo de información e 2.006 os que o fixeron a través dun teléfono. Por último, no mes de xullo pasaron 241 demandantes pola planta baixa de San Marcos e rexistráronse 1.246 chamadas telefónicas. A atención telemática, concentrou 5 solicitudes no mes de marzo, 15 entre abril e maio, e 10 entre xuño e xullo.
O mes que máis actividade total rexistrou foi marzo, 2.651 persoas, e o que menos xullo, con 1.492. En atención en oficina, xuño rexistrou o maior número de demandantes, con 375, e maio, tan só con 146. En canto á atención telefónica, marzo concentrou o maior número de interesados, uns 2.487, e xullo, o menor, con 1.245. En canto á vía telemática, todos os meses atendéronse unha media de 5 persoas.
Tres anos de andanza
A Deputación puxo en marcha hai tres anos o Servizo de Atención ó Cidadán, unha unidade que integra os servizos de información e atención, supoñendo a constitución dunha unidade especializada na función de informar sobre todas as actividades da Deputación, ó mesmo tempo que pode asumir tamén labores de control, seguimento e coordinación de trámites administrativos.
Co fin de mellorar a calidade da información e da optimización dos recursos, a oficina contempla os seguintes servizos: facilitar información sobre a provincia e sobre servizos e outros trámites administrativos, realizar xestións propias, facer atención presencial e telefónica e levar a cabo outros servizos como queixas, suxestións e xestión de avisos, etc.
Con este departamento inténtanse facilitar o acceso e a comprensión ós cidadáns, mobilizar os papeis en lugar de facer mover ó cidadán, potenciar a imaxe global do organismo provincial, intentar eliminar a cultura organizativa de “isto non é da miña competencia” e xerar, impulsar e potenciar a cultura organizativa do servizo ó cidadán.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



