O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN SOLICITA UNHA XUNTANZA CO MINISTRO E O CONSELLEIRO DE INDUSTRIA PARA GARANTIR O FUTURO DE ALCOA
Antonio Veiga denuncia a falla de peso político do PP lucense ante os gobernos central e autonómico na procura de solucións para a continuidade de Alcoa na Mariña
Dende a Vicepresidencia da institución provincial preguntan á delegada da Xunta en Lugo onde está a solución ao problema da tarifa eléctrica que anunciara se coñecería antes de agosto
Lugo, 21 de agosto de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, vén de solicitar unha entrevista co ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria López e co conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galiza, Javier Guerra Fernández, para coñecer que medidas adoptarán ambas administracións para garantir a continuidade da planta de Alcoa na Comarca da Mariña.
Para Antonio Veiga “o conselleiro de Economía e Industria debe explicar por que no verán de 2011 consideraba o gasoduto unha “cuestión prioritaria para Galiza” e sen embargo, un ano máis tarde, seguen sen iniciarse as obras. Se dita infraestrutura estivera feita, ou incluso en construción, a incertidume sobre a continuidade da factoría de Alcoa na Comarca sería moito menor”.
O vicepresidente da institución provincial insiste en que “non é hora de falar de facer as xestións necesarias para lograr unha tarifa eléctrica competitiva para Alcoa, senón que é o momento de pór sobre a mesa solucións. As declaracións feitas onte polo presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, afirmando que “o PP loita por atopar unha solución satisfactoria” son un insulto para toda a provincia. O PP é o partido que apoia ao Goberno, sustenta a un Executivo que ten que tomar decisións sobre un tema que pode ter consecuencias irreparables para a Mariña pero tamén para o resto de Galiza. Non se trata de loitas, trátase de tomar decisións”.
“Con declaracións coma estas – continuou Antonio Veiga- demóstrase o pouco peso que os populares lucenses, e en especial o seu presidente provincial, teñen tanto en Madrid coma en Galiza á hora de adoptar medidas que garantan a continuidade da planta de Alcoa na Mariña. Nese senso é preciso recordar as declaracións que o pasado mes de xuño fixo a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, anunciando que a solución para lograr unha tarifa eléctrica competitiva para Alcoa coñeceríase antes do mes de agosto, pero dous meses despois e a menos de dez días para que remate o mes de agosto, nada se sabe desa tan anunciada solución”.
O vicepresidente da Deputación provincial pregúntase “que intereses pode ter o PP para xogar ao despiste cunha industria que aporta ao redor do 35 por cento do PIB lucense e que emprega a máis de 2.000 traballadores”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



