A praia de Lieiro acollerá este sábado o V Campionato Macguiver de surf e body board
-Ademais da competición, haberá ambiente festivo durante todo o día, entrega de premios e unha actividade de concienciación ambiental
Cervo, 29 de agosto de 2012-O V Campionato Macguiver Surf Praia de Lieiro que terá lugar este sábado reunirá a decenas de surfistas no areal cervense. A cita, organizada polo Club Limosa Surf coa colaboración do Concello de Cervo, pretende ser un final de festa para despedir os principais meses do verán e inclúe a competición nas modalidades de surf e body board así como ambiente festivo con música. Os tres primeiros clasificados en cada modalidade recibirán un premio.
Ademais, o Club Limosa Surf ten previsto dispoñer de material para a práctica de surf co obxectivo de ensinar a aquelas persoas que desexen adquirir algunhas nocións ou probar a sensación de surfear. Ao mesmo tempo, realizarase unha actividade de concienciación medioambiental consistente en recoller o lixo que poida haber na praia de Lieiro e no seu contorno co obxectivo de que a cidadanía entenda a importancia de manter limpos os nosos areais e en xeral todos os espazos públicos do municipio. As cinco persoas que máis lixo retiren recibirán unhas camisetas facilitadas pola organización como premio á súa acción.
O evento presentouse esta mañá na praia de Lieiro, un acto no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; as edís de Deportes, Yolanda Pedreira; Educación, Pilar Armada; Medio Ambiente e Turismo, Begoña Alonso así como dous membros do Club Limosa Surf, Evaristo Blanco e Nano Fra.
Este evento converteuse nos últimos anos nunha cita habitual dos veráns de Cervo que atrae a decenas de deportistas locais, da comarca da Mariña e doutros puntos de Galicia como A Coruña ou Ferrol. Pero ao mesmo tempo, tamén se converte nun espectáculo ao que se achega numeroso público, interesado en presenciar as habilidades dos surfistas sobre a táboa. “Dende o Concello queremos animar aos cervenses a acudir a este evento, porque é unha oportunidade para presenciar surf en directo e pasar un día de diversión cun ambiente festivo” asegura a edil de Deportes. “Non todos os días podemos participar nunha cita coma esta, na que a praia convértese no escenario ideal para compartir o día con máis afeccionados ao surf e nunha xornada con moita actividade” remata Pedreira.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
