O goberno local di que o PSOE esfórzase máis en dar a impresión de que traballa que de traballar de verdade
Cervo, 29 de agosto de 2012-O goberno de Cervo respondeu hoxe ás declaracións feitas polo grupo municipal socialista nas que explica por qué non presentou alegacións aos orzamentos a pesar de ter anunciado que as faría. Para o executivo local, “o único obxectivo do PSOE é dar a impresión de que traballa, por iso, unha semana despois de terse celebrado o pleno anunciou na prensa que presentaría alegacións. Pero pasado o prazo, non rexistraron ningunha reclamación, polo que temos que entender que simplemente lles preocupaba dar imaxe de traballo e esforzo e, unha vez que xa saíron nos medios, desenténdense de todo e esquecen a última fase, pero tamén a máis importante: a de traballar” asegura a edil de Facenda, Tania González.
A concelleira rexeita por completo o argumento dos socialistas para explicar a ausencia de alegacións. “O PSOE de Cervo non quere que a veciñanza se dea conta de que prometeron que ían facer algo e ao final non fixeron nada, e por iso se escudan en criticar ao goberno. Esa é a súa estratexia” explica González. “Os socialistas din que non reclamaron os orzamentos porque o goberno non as ía aceptar pero, entón, por que anunciaron que presentarían alegacións unha semana despois de que se aprobaran os orzamentos cando non tiñan ningunha intención de facelo?” engade a edil.
Aínda así, a delegada de Facenda advirte aos socialistas de que “basear a súa labor de oposición en espellismos e en impresións que nunca se traducen en traballo no beneficio dos cervenses ten moitos perigos” e por iso lembra, unha vez máis, “que o que a veciñanza precisa ver é traballo, esforzo, resultados e investimentos reais”. Para González “podían facer moito por Cervo dende a administración provincial na que gobernan, pero “cando se trata de traballar, iso que tanto lles asusta, teñen moito que demostrar”
A edil asegura que todas as declaracións dos socialistas están “cortadas polo mesmo patrón”. González explica que “a táctica do PSOE é facer sempre o contrario do que din. Cando se lles convoca a actos municipais non acoden, e cando non se lles convoca, quéixanse. Agora utilizan a mesma estratexia. Din que presentarán alegacións aos orzamentos, e non as presentan. E cando llelo lembramos, bótannos a culpa a nós”.





















Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



