RAQUEL ARIAS SUBLIÑA QUE A XUNTA IMPULSA A IMAXE DE PRODUTOS DE LUGO CON INDICACIÓN DE CALIDADE NA ‘VUELTA A ESPAÑA’ CO FIN DE “PROMOCIONAR OS RECURSOS DA PROVINCIA NOS 150 PAÍSES AOS QUE CHEGA A PROBA”
? A delegada territorial da Xunta significou que, a través da Secretaría Xeral de Turismo, en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, publicitaranse unha ducia de produtos da gastronomía lucense “nun escaparate aberto ao mundo durante as tres semanas que dura a proba”
? A representante do Executivo galego na provincia indicou que toda a loxística da saída e do paso da etapa Palas de Rei-Alto dos Ancares estímase que xerará un impacto económico de 250.000 euros na provincia
Lugo, 9 de agosto de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou hoxe que a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Turismo, impulsa de xeito decidido a imaxe da gastronomía e da hostalería lucense na Vuelta Ciclista a España 2012 co fin de “promocionar os recursos da provincia de Lugo nos 150 países aos que chega a proba ciclista, unha das tres máis importantes do mundo”.
A máxima representante do Executivo galego na provincia, en compañía do presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL), Cheché Real, fixo estas declaracións no marco da presentación da campaña promocional dos produtos lucenses na devandita competición ciclista, que se desenvolverá do 18 de agosto ao 9 de setembro. “Aproveitando a plataforma internacional que representa a Vuelta Ciclista a España, publicitaranse unha ducia de produtos singulares da gastronomía lucense nunha fiestra aberta ao mundo durante as tres semanas que abrangue a proba”, indicou Arias.
Así, na área VIP do dispositivo que establece a proba en cada localidade de saída haberá un stand da marca …E para comer Lugo. Neste posto poderanse degustar produtos da gastronomía lucense dunha ducia de denominacións de orixe e indicacións protexidas, sobre os que se ofrecerá tamén información.
A delegada territorial cualificou tamén o paso da Vuelta Ciclista a España por Lugo como “un gran escaparate para todos os lugares lucenses polos que discorre e, por ende, para toda a provincia” e resaltou a capacidade dun evento deportivo destas características para dar a coñecer o potencial do deporte, pero tamén da provincia.
A delegada territorial significou que a chegada das 1.500 persoas que forman parte da loxística da proba e os visitantes que se acerquen a seguir o percorrido depararán tamén un gran impacto económico para toda a provincia de Lugo, pola que discorrerá a etapa Palas de Rei-Alto dos Ancares o próximo 1 de setembro. “Segundo os datos que manexa a empresa que organiza a proba, estímase que a competición xerará un impacto económico de arredor de 250.000 euros”, expuxo.
Así mesmo, Arias quixo sinalar que o deporte constitúe un modo de complementar a oferta turística galega e que o feito de ter a posibilidade de asistir a eventos deportivos ou de participar activamente neles contribúe a xerar “unha imaxe de Lugo e de Galicia dinámica, moderna e adaptada” ás necesidades dos novos tempos, facilitando a promoción de ofertas mixtas que permitan disfrutar das posibilidades turísticas do destino Galicia.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



