AS TRES COPAS ACADADAS POLA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL NO 2008, 2010 E 2012 ESTARÁN EXPOSTAS O VINDEIRO 4 DE SETEMBRO EN BARREIROS.
Barreiros, 24 de agosto de 2012. As 3 copas acadadas pola Selección Española de Fútbol: 2 Copas de Europa e a Copa do Mundo de Fútbol, estarán en Barreiros o vindeiro 4 de setembro.
Os trofeos do combinado de Vicente del Bosque estarán expostos no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro durante toda a xornada do 4 de setembro en horario de 11 a 14 horas e 17 a 20 horas, para todos aqueles amantes do fútbol e en especial da enerxía roja que se queiran acercar para inmortalizarse xunto ao máximo recoñecemento acadado polo fútbol español.
Os trofeos que van estar expostos ao longo da xornada son: Eurocopa do 2008 disputada en Austria e Suiza, Copa do mundo 2010 acadada en Sudáfrica e a Eurocopa do 2012 acadada o pasado mes de xuño en Kiev.
Segundo explican desde o Concello de Barreiros “os obxectivos desta mostra, que leva percorrendo varias ciudades e pobos do territorio español dende os últimos meses, son transmitir os valores de cercanía, popularidade, traballo en equipo, esforzo, éxito e internacionalidade característicos da selección española de fútbol”.
Este evento está organizado pola Federación Española de Fútbol a través da Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Barreiros.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
