Cubertas máis do 50% das prazas para participar esta fin de semana nas actividades gratuítas de Lugoteando en Viveiro e Foz
– As últimas localidades dispoñibles para os días 18 e 19 de agosto pódense reservar chamando ó 982-12-00-64, 609-90-32-11 ou en www.deputacionlugo.org
– Logo da III Peregrinación Marítima do sábado, a Deputación volta a apostar co Lugoteando polo medioambiente e o turismo como oportunidades únicas para xerar riqueza na Mariña
Lugoteando, a iniciativa de ocio medioambiental que chega á súa terceira edición, continúa a ter un gran poder de convocatoria entre os lucenses, con máis de 100 persoas que xa teñen reservado praza nalgunha das actividades programadas para esta fin de semana na Mariña. Os que aínda non o teñan feito, poden participar reservando algunha das localidades libres, chamando ós teléfonos 982-12-00-64, 609-90-32-11 ou ben a través de Internet en www.deputacionlugo.org. Nesta páxina web poderán descargar o formulario, que deberán enviar cuberto a lugoteando@deputacionlugo.org ou ben, no caso de quedar prazas libres, presentar nos lugares de celebración das actividades antes do comezo das mesmas. Todas as actividades son totalmente gratuítas. Deste xeito, logo de celebrar este pasado sábado a III Peregrinación Marítima, a Deputación volta a apostar co Lugoteando polo medioambiente e o turismo como oportunidades únicas para xerar riqueza na Mariña.
O sábado 18, os que se acheguen ata a contorna do Clube Náutico de Viveiro poderán pasar o día na auga, se as condicións do mar o permiten, tomando parte en actividades coma bolas ou bananas acuáticas; paddle surf ou scooters acuáticos. Non só se poderán divertir no mar, senón que en terra firme poderán facer percorridos en segways ou dar unha volta en skates eléctricos. O domingo 19 o escenario será a praia da Rapadoira de Foz. Alí os participantes terán a posibilidade de practicar surf, kite surf e paddle surf; bolas e bananas acuáticas e mergullarse cos scooters acuáticos, ou ben usar os skates eléctricos ou desprazarse en long board. Durante estes dous días, o horario de todas as actividades serán de 15:00 a 20:00 horas.
Ocio medioambiental e turismo desestacionalizado
Lugoteando forma parte da extensa programación de actividades postas en marcha durante o verán pola Deputación de Lugo que, ó tempo que ofrecen unha alternativa de ocio que combina o lúdico coa concienciación medioambiental, poñen en valor a riqueza medioambiental da provincia e potencian o turismo fóra da estación estival, xa que este é un sector que representa o 30% do PIB lucense e que, de momento, non se ve afectado pola crise. De feito, esta fin de semana vén de celebrarse con éxito en Foz a III Peregrinación Marítima, organizada pola Deputación de Lugo e o Clube Náutico de Foz, durante a que as tripulacións dos 14 veleiros participantes e todos os lucenses que tiveron a oportunidade de viaxar de balde nestes navíos, apoiaron á institución provincial reivindicando melloras nas instalacións portuarias, da costa luguesa e da declaración oficial do Camiño da Costa como factores de xeración de riqueza e emprego na provincia.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



