Neste caso é o grupo de rapaces de Bacharelato e Universidade o que levou a escena a obra titulada “Diñeiro negro”, unha comedia sobre a crise económica e bancaria. Un total de catorce rapaces e rapazas encheron o Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz de público, posto que o aforo quedou practicamente ocupado na súa totalidade.
