O restaurante As Brasas de Foz foi o gañador do I Concurso organizado pola Festa Normanda de decoración de establecementos.
Esta decoración ideada por Xesús do Breogán, pretendía homenaxear ós que un día, aló polo século IX, defenderon a Foz “librándonos da barbarie viquinga”.

A decoración do restaurante xa comezaba pola entrada ó local cunha foto xigante de tres metros e medio de alto, por dous e medio de ancho da propia porta da Basílica de San Martiño, coas columnas, o tímpano e o arco de medio punto pero co oco da porta para poder acceder ó interior.
Unha vez no local, podíamos ver unha maseira, e varios barrís con distintos decorados antigos e típicos do noso país, e na parede un mapa antigo de Galicia con San Gonzalo sobre impresionado de xeonllos, afundindo uns navíos normandos no “oceanvs cantabricvs” e debaixo a lenda en galego e castelán.
O comedor decorado con bandeiras nas paredes e tamén as cortinas, todas elas impresas con distintas imaxes de San Martiño, pintadas en acuarelas pola artista madrileña afincada en O Vicedo, Isabel Fernández.
Rematando con manteis nas mesas especialmente decorados para a ocasión en forma de taboados de madeira, e incluso como manchados por caídas de cuncas de viño tinto.
O premio consistía nun diploma outorgado polo Concello e 300 euros en vales de compra doados pola ACIA, que foi recollido polos responsables do restaurante na Praza Conde de Fontao ás 22,30 h.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



