O Equipo de Goberno de Barreiros nega un vertido de residuos na praia de Arealonga
.Para os populares, a denuncia dos nacionalistas corresponde a “unha cortina de fume” para tapar o deplorable estado dos viais provinciais
. Afirma o PP que tódalas praias con bandeira azul están controladas periódicamente e cumpren cos requisitos óptimos
Barreiros, 6 de agosto de 2012.- O Goberno local de Barreiros nega a existencia dun vertido de residuos na praia de Arealonga e asegura que a Depuradora municipal de Reinante atópase en perfecto estado.
Asegura o PP de Barreiros que tódalas praias con bandeira azul están controladas periódicamente para cumprir os requisitos que con elo conleva: calidade da auga, número de socorristas, limpeza diaria das praias…, unhas revisións, que segundo os populares, se están cumprindo con requisitos optimistas xa que tódolos parámetros son óptimos en relación á normativa para acadar a bandeira azul.
En relación a calidade da auga, din os populares que os resultados das analíticas son excelentes en tódalas praias de bandeira azul, que non existe ningunha queixa por parte de ningún cidadán e que o técnico municipal afirma que o caudal e a presión son suficientes e as axeitadas.
Aos populares parécelles increíble que os nacionalistas digan tales mentiras, que poden xerar alerta entre os cidadáns, e aseguran que esta denuncia débese a unha “cortina de fume” para desvíar a atención polo penoso estado no que se atopan os viais provinciais en toda a Comarca da Mariña, especialmente no Concello de Barreiros, que a piques de rematar o verán, non se desbrozaron e están impedindo a circulación, ademáis de causar un malestar e unha mala imaxe para os veciños e turistas.
Pregúntanse os populares, por qué esta penosa situación das estradas provinciais non a denuncia o BNG, cando sí provoca malestar nos veciños, turistas e hostaleiros. Engaden o PP de Barreiros, que isto ainda ten máis delito, xa que o Señor Antonio Veiga, edil neste concello e coñecedor desta situación, non aporta solución algunha, malia a ser o responsable na Deputación de Lugo, da Área de Turismo.
Conclúen os populares asegurando que esta denuncia débese a unha cortina de fume por parte dos nacionalistas para desvíar a atención sobre os incumprimentos por parte dos seus homólogos no Organismo Provincial e agradecéndolle aos veciños o uso que fan da auga, xa que a empregan para fins domésticos e non para regar xardíns.