Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
O rexedor mindoniense unha vez máis desatende as demandas dos veciños e elude o seu deber como xestor
O PP de Mondoñedo esíxelle a Orlando González que se preocupe do rural mindoniense e dea solucións as demandas trasladadas polos veciños de Masma
O PP denuncia que o equipo de goberno non solvente as carencias na traída de auga que sufre a parroquia de Masma, tendo en conta que os veciños lles deron traslado desta problemática
O Grupo Popular pídelle ao goberno mindoniense que asuma as súas competencias e resolva os problemas que afectan aos veciños, sen evitar as súas responsabilidades e culpabilizar da situación a outros
Mondoñedo, 23 de agosto de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo vese na obriga de esixirlle unha vez máis ao rexedor local, Orlando González, maior responsabilidade na súa xestión. Os populares pídenlle ao nacionalista que se preocupe polo rural mindoniense e dea solucións as demandas trasladadas polos veciños no lugar de eludir as súas responsabilidades como xestor.
Os populares realizan estas declaracións en relación a resposta manifestada polo equipo de goberno aos veciños da parroquia de Masma, cando estes lles trasladaron a súa problemática sobre o abastecemento de auga. Segundo lles información os afectados ao grupo local do Partido Popular de Mondoñedo, Orlando González non lles propón solucións as dificultades que sofren os veciños desta parroquia á hora de dispoñer dun servicio eficaz de auga nas súas residencias.
Os veciños de Masma denunciáronlle ao alcalde mindoniense a deficiencia no servicio de auga durante os meses no verán. Inclusive, durante esta semana os residentes dos barrios do Castro e da Seara non dispuxeron do servizo de auga nas súas casas. A esta problemática que se dá en época de seca, súmanselle as fugas que experimenta a traída en diferentes puntos da canalización. Ademais de sufrir a carencia deste servicio durante o verán, nos meses de inverno ou días de choiva a auga chega as billas particulares con lodo.
Segundo denuncian os populares, Orlando González elude a súa responsabilidade e non ofrece solucións a unha situación que afecta ao día a día dos veciños da parroquia de Masma, tanto na súa vida persoal como laboral, especialmente ás explotacións agrarias.
Dado esto, o PP local pídelle ao goberno mindoniense que asuma as súas competencias e resolva os problemas que afectan aos veciños, sen evitar as súas responsabilidade e culpabilizar da situación a empresa concesionaria.
Segundo é o seu deber, o Grupo Popular preguntou en pleno por esta situación e segundo manifestan os populares a resposta do rexedor local e máis do responsable de obras non satisface aos populares. O grupo municipal móstrase escéptico en que se solucione esta problemática co trasteo de auga dende a fonte da Regañada na parroquia de Vilamor por dificultades orográficas.
Tendo en conta que os veciños de Masma non teñen auga nas súas casas en días de verán e durante os días de choiva esta chega con lodo, os afectados pregúntanse por qué teñen que seguir pagando este servicio.
Ademais os populares recordan que esta non é a única demanda trasladada polos veciños de Masma ao equipo de goberno e que o concello non solventou. O Grupo Popular denunciou tamén en varias ocasións o mal estado dunha das pontes que cruza o río Masma na parroquia, ao non presentar ‘barandillas’ que garantan a seguridade. A colaboración do concello limitouse a colocar unhas cintas sinalizadoras.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



