A provincia de Lugo, a máis castigada por Feijóo
– O Presidente do PSOE lugués avalouno con datos obxectivos: “Feijóo duplicou o paro e a débeda pública, destruíu en Lugo 7.000 empregos coa chapuza do sector eólico, deixou de pagar a Axuda no Fogar, instaurou o repago farmacéutivo, eliminou profesores e Preescolar na Casa e paralizou infraestruturas como a VAC da Mariña”
– Besteiro denuncia que “Feijóo adianta as eleccións para ter as mans libres e recortar o pouco que lle queda: as pensións, e Lugo ten 120.000 pensionistas” e lamenta que “o Goberno en funcións paralizará asuntos de enorme calado para a provincia”
– A Executiva Provincial dos Socialistas de Lugo traballa nun modelo que defenderá os intereses da maioría social “fronte a un Feijóo/Rajoy, que son o mesmo”
O Presidente do Socialistas na provincia de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, demostrou hoxe con datos oficiais que “a provincia de Lugo foi a máis castigada polo Goberno de Feijóo”, apuntando 10 exemplos que así o poñen en evidencia:
1º- “Os recortes de Núñez Feijóo conseguiron duplicar o paro en Galicia. En Lugo provocou que pasásemos de 17.086 persoas paradas na provincia en marzo de 2009 a 25.322 en xullo deste ano (datos oficiais da EPA). É dicir, con Feijóo aumentou un 32% o paro na provincia de Lugo como, casualmente, está aumentando agora en España con Rajoy”.
2º- “Os recortes de Feijóo conseguiron que 3 de cada 10 desempregados da provincia, é dicir, 9.363 persoas, xa non cobren ningún tipo de prestación. Rajoy tamén lle copiou o modelo”.
3º- “Como Rajoy, Feijóo demostrou que o PP non sabe xestionar o público, só lle preocupa o privado. A débeda publica de Galicia era de 3.700 millóns no 2009. Hoxe é de 7.381 (datos oficiais do Banco de España). É dicir, este “gran xestor” duplicou a débeda pública de Galicia en 3 anos”.
4º- “Feijóo conseguiu que Lugo perdese 7.000 postos de traballo coa paralización e chapuza do concurso eólico”.
5º- “Igual que Rajoy, Feijóo debilitou o tecido produtivo da provincia, retirándolle o apoio sen contemplacións. O leite e o campo nunca valeu tan pouco para un Presidente, o futuro de transformadoras como Alcoa e auxiliares ou as empresas de madeira está no aire, e que lle pregunten ós autónomos se están mellor que hai tres anos! E xa non falo do IVE…”
6º- “E qué dicir da marabillosa xestión de Núñez Feijóo coas caixas galegas e as súas preferentes”.
7º- “No tocante ós servizos sociais, Feijóo ergueuse un día e decidiu que non pagaba a Axuda no Fogar a 3.000 familias en Lugo”.
8º- “Na Sanidade pública, e antes de que copiase a idea Rajoy, instaurou o repago farmacéutico. Os lugueses pasaron a pagar 480.000 euros máis polas nosas medicinas en só un mes”.
9º- “Na Educación Pública eliminou profesores e Preescolar na Casa, suprimiu as axudas ós libros de texto, o transporte escolar, obrigou a reagrupar a escolares como na época franquista…”
10º- “Remato coas infraestructuras porque os veciños seguen sen despexar o futuro da Vía de Alta Capacidade paralizada na Mariña pola Xunta, a estación intermodal de mercadorías de Monforte, a Ronda Leste ou o Plan Paradai de Lugo. Iso sí, onte, qué casualidade, din que Rajoy anunciará estes días a data de chegada do AVE a Galicia”.
“Feijóo e Rajoy son o mesmo”
Con esta situación na provincia, “Sr. Rajoy, perdón Sr. Feijóo, porque son o mesmo, estame vostede dicindo que foi o único responsable político que nunca tivo culpa de nada?”, preguntou Gómez Besteiro, asegurando que “o Sr. Feijóo foi un erro, unha persoa que laminou ós empregados públicos, privatizou e suprimiu os servizos públicos e desmantelou o noso país igual que Rajoy hoxe desmantela a nación. Foi o Presidente que máis caro nos saiu a todos”. Por todo isto, o Presidente do PSOE en Lugo remarcou que “a nosa obriga como Partido Socialista é dar unha alternativa. A dos cidadáns é despedir a quen tanto nos enganou”. Minutos máis tarde destas declaracións, os socialistas lucenses comezaron a reunión da Executiva Provincial “para seguir traballando na alternativa que defenda os intereses da maioría social. Porque non o dubiden: imos saír desta”, destacou Gómez Besteiro.
“O adianto agocha máis recortes”
Sobre o adianto dos comicios autonómicos, o máximo responsable do PSOE lugués subliñou que “onte o Presidente da Xunta mentiu ata en tres ocasións, intentando xustificar o inxustificable”, apuntado que “dixo que as eleccións se convocaban por “planificación económica. Mentiu. Convócaas porque quere tapar o que serán os presupostos autonómicos máis duros da historia de Galicia. Dixo que as eleccións se convocaban por “unidade política”. Mentiu. Porque é o goberno que máis abusou do rodillo da maioría absoluta e da urxencia, confundindo maioría absoluta con unidade política. E dixo que as eleccións se convocaban por evitar “gastos adicionais”. Mentiu. Non existen custes electorais duplicados entre autonomías diferentes, son independentes porque os recursos veñen das comunidades autónomas e dos propios partidos políticos”.
Gómez Besteiro afirmou que “as 3 mentiras agochan una única verdade: detrás do adianto só hai unha razón: máis recortes. ¿O próximo para o que quere ter as mans libres? O pouco que lles queda: as pensións, e Lugo ten 120.000 pensionistas”.
“Paraliza asuntos de enorme calado para Lugo”
O socialista explicou que “non é cuestión menor cando se fan as cousas porque entramos dende hoxe nun goberno en funcións, o que paraliza asuntos de enorme calado para Galicia e, por suposto, para Lugo. Como Rajoy, Feijóo quere fuxir pola porta de atrás. Precisamente, cando estamos no peor momento económico da historia da democracia e cando o propio Partido Popular recoñece que estamos ás portas do rescate económico. É dicir, está desbordado, incapaz, renuncia ás súas obrigas como Presidente de Galicia e amosa estar máis preocupado por evitar que os galegos o despidan que por solventar os problemas de todos nós. O Presidente da Xunta sabe que hai razóns de sobra para que os galegos o despidan, ó igual que a Rajoy”.
















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



