UN ESTUDO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DETECTA QUE AS EMPRESAS MADEIREIRAS PODEN AFORRAR 46.000 EUROS AO ANO EN ENERXÍA E DIMINUIR O 20% DO SEU CONSUMO ENERXÉTICO
Serradoiros, carpintarías e moblarías presentan un consumo enerxético medio que supón o 1,7% da súa facturación cun custo aproximado de 230.000 euros
A substitución de lámpadas por outras máis eficientes, a adecuación da factura aos consumos, o control de sistemas de climatización permiten diminuír o gasto
Galicia suma máis de 3.500 empresas que, no caso de implementar as medidas propostas, obterían un aforro enerxético que se traduciría nun aforro económico de 160 millóns de euros
Santiago, 31 de agosto de 2012.- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), ven de publicar un estudo de optimización enerxética na industria da madeira, seleccionando máis de 20 empresas do sector representativas da actividade, tanto polas súas dimensións e características como polos campos de actuación, co obxectivo de reducir os custos de funcionamento, incrementar a produtividade e a competitividade desta industria.
O director do Inega, Eliseo Diéguez García, acompañado polo director de CIS Madeira, Fernando Sanz Infante, e pola secretaria xeral de Confemadera, Ana Oróns, presentou hoxe en rolda de prensa os resultados deste estudo que, segundo salientou, amosan “unhas posibilidades de aforro enerxético medio dun 15% do consumo total das empresas, porcentaxe que se eleva ao 20% na súa equivalencia para o aforro económico, o que supón que estas empresas poden reducir os seus custos en materia enerxética nunha media anual de 46.000 euros”.
O responsable do Inega salientou que as empresas do sector presentan un consumo enerxético medio de 211,66 tep de enerxía, o que implica o 1,7% da súa facturación e un custo medio aproximado de 230.000 euros. Máis da metade da enerxía que se consome é electricidade, que acapara un 79% do gasto económico.
Así mesmo, e como salientou Diéguez, a industria da madeira aglutina a máis de 3.500 empresas, o que supón que, no caso de implementar estas medidas ao conxunto da industria, “obteríase un aforro enerxético próximo aos 111.120 tep/ano, que se traduciría nun aforro económico de 160 millóns de euros”.
Posibilidades de aforro
O documento aborda diversos campos que van desde a tipoloxía dos procesos produtivos ata a análise dos consumos enerxéticos, desglosando, de xeito detallado, as múltiples opcións para acadar os máximos aforros enerxéticos. Entre as propostas para reducir gasto inclúense a substitución de lámpadas por outras máis eficientes, con aforros que superan o 10% do custo do investimento; a adecuación da factura eléctrica aos consumos, que permiten un aforro medio nas empresas do sector de máis de 2.000 euros ao ano; o emprego de variadores de frecuencia en motores eléctricos; ou a revisión das instalacións de aire comprimido. Así mesmo, as empresas do sector da madeira poden aproveitar a biomasa residual que obteñen do seu proceso produtivo para producir calor, reducindo o consumo térmico ata un 50%.
O estudo, que xa está ao dispor do sector e dos cidadáns na web www.inega.es, achegarase tamén ás industrias do sector da madeira coa distribución de 500 exemplares, do estudo.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



