UNIFOZ, ante a sorpresa de que na xuntanza programada para hoxe so estiveran os portavoces e a secretaria, fixo a proposta de que esta fose aprazada , por considerar que na mesma tiña que estar polo menos un técnico autor do estudio que se nos entregou, coa finalidade de que nos poda aclarar tanto o contido como a conclusión deste.
Así mesmo consideramos de interese que na xuntanza teña un técnico da Xunta de Galicia, pois dende o ano 2006, onde se dixo que a EDAR actual sería a solución para Foz, houbo varios cambios de criterio técnico que non se entenden facilmente.
Unifoz, tamén quere saber si se fixo un estudio de melloras para a EDAR actual, pois non parece moi lóxico inutilizar unhas instalacións que custaron case 3 millos de euros e gastar agora 12 millóns de euros en unha nova instalación.
Unifoz, tamén quere saber canto custará aos veciños de Foz, o mantemento da suposta nova EDAR, así como que pasará cos proxectos presentados e aprobados para a zona onde agora u estudio os considera idóneos para súa instalación.( paseo marítimo, plan acuicola…)
UNIFOZ, duda da rigorosidade do informe que o PP de Foz encargou para xustificar a súa decisión política de instalación de unha gran EDAR para Foz.
Nos últimos anos a Xunta de Galicia, fixo diferentes informes-estudos para dar solución ao tratamento das augas residuais, e como resultado por todos coñecido, resulta que temos :
Unha EDAR no porto de Foz que non funciona, a pesar de ser deseñada para 15.000 habitantes e coa última tecnoloxía, que segundo os técnicos podería case beberse a auga que se verte a ría.
Un estudio que decidía unha nova EDAR en Forxan, como alternativa a anterior.
Un estudio, feito a medida polo PP, para avalar as palabras do propio Conselleiro que xa dixo na inauguración dos depósitos da auga de Fazouro que esa sería a aposta da Xunta, sen estar feito o estudio.
UNIFOZ, entende que a decisión do PP de Foz de querer construír unha gran EDAR e instalala en Fazouro , inutilizando a actual, sen ter en conta o que se gastou na súa construción, solo obedece a criterios políticos, amparados nun estudio pouco rigoroso feito a medida.
A construción de esa gran EDAR , tería unha repercusión económica importante para os veciños de Foz, polo elevado custo de mantemento, e de suministro eléctrico para bombear os residuos dende o Porto de Foz.
O Alcalde nas súas declaracións anuncia que si os grupos da oposición non apoian a decisión de instalar a EDAR en Sarrido, sairá cos votos favorables do PP, o que quere dicir unha vez mía que a prepotencia dun Alcalde do PP en minoría, pois que sentido ten pois que convoque a Xunta de Portavoces? Non hai posibilidade de consenso político? Por que a decisión do PP, ten que ser si o si.
Unifoz, aconséllalle ao PP de Foz, que facer as cousas con prepotencia e pola forza de ordeno e mando non é camiño a seguir e de facelo traeralle consecuencias.
UNIFOZ, proponlle a o Goberno do PP de Foz, a realización dun informe serio e rigoroso dun estado de funcionamento da EDAR de Foz e as posibles solucións dun correcto funcionamento, así como traballar en proxecto de separación de augas pluviais e residuais para xustificar o desfase entre os datos de suministro de auga e a entrada de augas residuais na EDAR.
Si estás medidas non foran suficientes, propón se deseñen unha EDAR dimensionada ao territorio afectado.




















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



