UNIFOZ, xunto co resto de portavoces municipais, está convocado para este venres, ás 12:00 h no Concello, para ter xuntanza con técnicos da Xunta (Augas de Galicia) que nos informarán sobre o contido do estudo feito para o tratamento das augas residuais de Foz.
UNIFOZ pediulle ao alcalde que nesa xuntanza estea tamén un técnico dos que elaboraron o estudo, para poder ter resposta dalgunhas cuestións importantes como:
– Antes de traballar na proposta de inutilizar a EDAR de Foz, realizouse un estudo para analizar porque non funciona correctamente?
– Cal é a capacidade real de depuración da EDAR de Foz?
– Dentro das catro propostas, hai dúas que contemplan manter a EDAR de Foz xunto coa nova EDAR. Como é posible que esta EDAR fora das mesmas dimensións que se funcionara en solitario??
– Canto custaría aos veciños o mantemento da suposta posta en marcha da nova EDAR?
– Como é posible que nun prazo de 6 anos, co encargo de diferentes estudos se saquen diferentes e diversas conclusións?
– Nos últimos anos a Xunta de Galicia fixo diferentes informes-estudos para dar solución ao tratamento das augas residuais, e como resultado por todos coñecido resulta que temos:
1. Unha EDAR no porto de Foz que NON funciona, a pesar de ser deseñada para 15.000 habitantes e coa última tecnoloxía que, segundo os técnicos, podería case beberse a auga que se verte á ría.
2. Un estudo que decidía unha nova EDAR en Forxán como alternativa á anterior.
3. Un estudo, supostamente feito a medida, que sitúa a nova EDAR en Sarrido.
UNIFOZ, valora positivamente a rectificación do Sr. Alcalde que se hai uns días dixo que se os grupos da oposición non apoian a decisión de instalar a EDAR en Sarrido, sairá cos votos favorables do PP, e agora di que será a maioría da Corporación quen decida a proposta a tomar.
UNIFOZ, antes de tomar ningunha decisión sobre a construción dunha nova EDAR para Foz, quere que se faga un estudo serio, rigoroso, concluínte do estado de funcionamento da EDAR actual, así como posibles solucións e custo económico das mesmas para mellorar o seu funcionamento.
Así mesmo, solicita un informe valorado do custo dun proxecto de separación de augas pluviais para Foz, pois non parece lóxico que se sigan gastando cartos en depurar masivamente augas pluviais.
Unifoz tamén quere que se faga informe sobre a dimensión real segundo as necesidades da posible construción dunha nova EDAR.
Unifoz informou dos resultados do estudo aos diferentes colectivos afectados por considerar que tiñan dereito a esa información, algo que entendemos tiña que facer o Sr. Alcalde, pois como é posible que se fale dese informe e non se remita as AA.VV respectivas??



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



