ESCOLA MUNICIPAL DE NATACION DE XOVE
![]()
O próximo luns día 1 de Outubro, a Escola Municipal de Natación de Xove, abre o prazo de inscrición para o ano 2013.
A Escola vai ofertar un total de 750 prazas para os seguintes cursos de natacion:
Natación para Peques (nenos-as de 2-3 e 4 anos) Estos cursos só se celebran nos meses de verán en sesión de mañans(Xuño-Xullo-Agosto e Setembro).
Iniciación e Perfeccionamento para nenos-as: Niveis Branco, Amarelo, Verde, Azul e Vermello. Cursos durante todo o ano, con unha duración de dous meses cada curso.
Iniciación, Perfeccionamento e Natación de Mantemento para adultos: Cursos durante todo o ano con unha duracion de dous meses cada curso.
A Escola de Natación, aumenta a oferta nos Cursos de Iniciación e Perfeccionamento para nenos-as de sesión de tardes, creando un novo turno de cursos as 5:00h. da tarde.
Os turnos dos cursos na sesión de tardes serán nas seguintes horas: 5:00h. – 6:15h. – 7:15h. – 8:15h.
En sesión de mañans a Escola impartira Cursos de Natación Escolar, Cursos para Discapacitados e para 3ª Idade.
A parte do Cursos da Escola de Natación , a Piscina Municipal de Xove, ofrece; Natación Libre, Servizo de Masaxe de Relaxación e Terapéutico, Ximnasio e Saunas.
Recordar que a Piscina Municipal de Xove, vai a facer o seu vintecinco aniversario para o vindeiro mes de Decembro, pois puxose en funcionamento o 19 de Decembro de 1987.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
