A CAMPAÑA SEGUE UNHA ESTRATEXIA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DIRIXIDA ÓS ESCOLARES
A FEDERACIÓN DE COFRADÍAS DE PESCADORES DE LUGO PRESENTOU EN BURELA A SÚA CAMPAÑA “MAR DE LUGO”
A campaña conta cun presuposto duns 50.000 euros para difundir o labor das Confradías de Pescadores de Lugo e a importancia do sector pesqueiro na Mariña de Lugo, destacando a calidade do seu produto pesqueiro.
A Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo presentou a súa campaña promocional “MAR de LUGO” , que ten o obxectivo de divulgar a actividade dos nosos pescadores e mariscadores para dar a coñecer o sector pesqueiro de Lugo, as súas tradicións, os métodos de traballo e as artes de pesca máis empregadas, así como os peixes máis característicos da zona.
O acto de presentación, que tivo lugar no Salón de Actos da Confraría de Pescadores de Burela, contou coa presencia do Secretario Xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, que tamén asistiu á reunión da Xunta Xeral da Federación Provincial de Confrarías, onde se trataron diferentes asuntos de interese para as confrarías de pescadores da Mariña.
Na presentación da campaña estiveron presentes Alfonso García e Sergio López, presidente e secretario da Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo, Pablo Fernández Asensio, Xefe Territorial de Pesca da Xunta de Galicia, así como representantes das confradías de pescadores: Basilio Otero (patrón maior de Burela), Máximo Díaz (secretario de Celeiro), Celia Pazo (patrona maior de Ribadeo), Ana María Meitín (vicepatrona de San Cibrao) y Faustina Solloso (patrona maior de O Vicedo).
O proxecto “MAR de LUGO” creouse para difundir as actividades desenvolvidas polas Confrarías de Pescadores de Lugo na xestión da pesca costeira e o marisqueo nunha zona como A Mariña, altamente dependente da pesca, co obxectivo último de manter a capacidade de pesca, o volumen de flota e de emprego, intentando mellorar a rentabilidade dos nosos pescadores e mariscadores.
A flota costeira é a máis tradicional e menos industrial de todas, considerada tamén a máis responsable e sostible por ser respectuosa co medio, por pescar con artes selectivas e por ter unha alta vinculación histórica con toda a comunidade pesqueira, incluso por criterios socioculturais e económicos (as empresas son maioritariamente familiares, polo sistema retributivo á parte…).
A campaña de promoción está formada por unha serie de material audiovisual e multimedia: a páxina web www.mardelugo.es, na que se explica o proxecto, un dvd documental sobre a labor das confrarías de pescadores de Lugo, 10.000 guías explicativas das confrarías de pescadores, 5.000 mapas ilustrados das confrarías e principais artes de pesca, e diferentes puntos de información situados en cada unha das confrarías da costa de Lugo.
A campaña vai dirixida ó público en xeral e ós escolares en particular, seguindo unha estratexia de educación ambiental. Vaise divulgar seguindo tres grandes liñas de actuación:
Actos profesionais, feiras e visitas institucionais da Federación e nas instalación das 6 Confrarías de Pescadores: Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O Vicedo.
Internet, a través da páxina web www.mardelugo.es.
Distribución directa e gratuita a través do sector hostaleiro de A Mariña (para os nosos visitantes), a tódolos concellos da provincia de Lugo (oficinas de turismo e bibliotecas) e a tódolos colexios da provincia. En total vanse distribuir directamente uns 500 lotes de material.
O presuposto total da campaña (incluida a distribución) é duns 50.000 euros, dos cales a Consellería do Mar aporta 40.592 € a través do programa de axuda para proxectos ó abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados ós (GAC) grupos de acción costeira e financiados polo Fondo Europeo da Pesca.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



