RIBADEO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO A DÉCIMA EDICIÓN DA FEIRA DA HORTA QUE ORGANIZAN O CONCELLO E A SUCADOIRA. ANA MARTÍNEZ SINALA QUE “SE TRATA DE APOIAR E VALORIZAR A ECONOMÍA LOCAL E O CONSUMO DOS PRODUTOS DA TERRA DESTA ZONA”.
Ribadeo, 27 de setembro de 2012. A praza de abastos de Ribadeo será escenario o vindeiro domingo, 30 de setembro, da décima edición da Feira da Horta que organizan o Concello e a asociación de produtores A Sucadoira. A cita conta coa colaboración de ACISA a través da sección de hostalería.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, sinalou que “esta feira supón o broche a esa tempada de horta que se celebra cada domingo durante o verán nos arredores da praza de abastos de Ribadeo cunha grande afluencia de público”. A edil nacionalista dixo que “este evento non é só unha feira de exaltación dos nosos produtos, senón que é un punto de encontro co local, con esa volta ao consumo de proximidade, dos produtos de calidade, porque nestes momentos complicados debemos apoiar e valorizar a economía local e o consumo na zona”.
A X Feira da Horta dará comezo ás 9 da mañá coa apertura dos postos dos produtores. Ás 11 haberá música en directo da man dun grupo de gaiteiros Soutoximaro. Ás 11:30 terá lugar un obradoiro lúdicos dirixido aos máis pequenos entorno á producción agroecolóxica. A partires das 12 o xefe do servizo de Calidade Agroalimentaria da Xunta, José Mouriño Cuba, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, realizarán unha intervención na Feira da Hora, “á que seguirá unha das primeiras novidades desta cita que será a cociña en directo da que poderemos disfrutar, elaborada con produtos da zona e con degustación dos mesmos. Para este Ribadeo degusta contamos coa colaboración de dous cociñeiros de Ribadeo, José Blanco do restaurante La Solana, e Manuel López Valencia do hotel restaurante Voar”, segundo explicou Ana Martínez.
Durante a xornada haberá tamén unha mosta de oficios e costumes tradicionais do grupo de Portadores de Tradición Oral San Tirso del Eo. A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo subliñou que “outra das novidades deste ano, que conta coa colaboración de ACISA, será que uns 25 locais hostaleiros asociados elaborarán tapas degustación gratuitas cos produtos aportados pola horta. Así este ano a degustación terá lugar nestes bares e restaurantes ribadenses”. Ana Martínez convida “a todos e a todas a vir o domingo a Ribadeo a disfrutar desta xornada non só gastronómica senón tamén de concienciación de consumo local dos nosos produtos, que van da terra ás nosas mesas sen pasos de conservación, coa frescura e coa calidade da proximidade, e comprobar así en directo que Ribadeo e Mariña dispón dunha horta de calidade que merece a nosa atención”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



