Concentracións nos centros de ensino da Marlña, dentro das mobilizacións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público esixindo que a Consellaría de Educación rectifique e que cese nos seus ataques ao ensino público, ataques que se concretan, entre outros, nos seguintes recortes:
Incremento das rateos e masificación das aulas.
Agrupamento, nunha mesma aula, de alumnado de diferentes idades, cursos e niveis.
Supresión de 132 unidades, 12 centros e 199 postos de traballo de Educación Infantil e Primaria.
Imposición dunha xornada lectiva semanal mínima para o profesorado de 25 horas en Primaria e 20 en Secundaria, o que vai ter como consecuencia que o profesorado terá que impartir materias das que non é especialista para completar horario.
Non substitución do profesorado de baixa até que transcorran 10 días lectivos, é dicir, dúas semanas, o que supón conculcar o dereito á educación do alumnado e alterar o plan de traballo dos centros.
Carencia de postos de Formación Profesional que impiden o acceso dun número importante de alumnado aos estudos de Formación Profesional, o que prexudica gravemente as persoas que, precisamente nun momento de crise económica, buscan unha mellor e máis actualizada formación, entre elas moitas persoas paradas.
Redución do profesorado nos centros o que comporta o abandono da atención á diversidade e ao alumnado con necesidades educativas especiais.
Ampliación a 30 alumnos ou alumnas por aula nos programas de cualificación profesional inicial. Incremento das taxas universitarias, con subas que poden superar o 50% o que xa tivo como consecuencia o abandono de moitos mozos e mozas dos estudos que estaban ao realizar, pois tamén se endureceron as condicións para ao acceso a bolsas de estudos. Insuficiente oferta de prazas de comedores escolares e incremento do gasto escolar das familias.
Supresión de prazas de comedores escolares.