O II Concurso de fotografía de Fazouro outorga un premio de 300€
A páxina www.fazouro.com, en colaboración con Foto Sergio (Burela), Peluquería Keops (Burela) e Infotec(Foz) convoca o II Concurso fotográfico de Fazouro.
Poderá participar gratuitamente calquera persoa que o desexe, sempre que a temática estea relacionanda directamente con FAZOURO. Para participar, as fotos enviaranse á dirección de correo fazouro@fazouro.com
O prazo de presentación de imaxes remata o 30 de setembro de 2012.
PREMIOS
O concurso conta con dous premios, un das redes sociais e outro que outorga un xurado profesional composto por Juan Pablo Moreiras, XulioVillarino, Moncho Rey e Julio López García.
Premio das redes sociais: Impresora fotográfica Canon SELPHY CP800 (por cortesía de Infotec, Foz)
Premio do xurado profesional: 300€(colabora Peluquería Kepos, Burela) e ampliación da foto gañadora (60X90 cm), montada en bastidor de madeira e impresa en tela (por cortesía de FOTO SERGIO, Burela)
As bases completas pódense consultar na webwww.fazouro.com

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



