A FEDERACIÓN RURAL GALEGA-FRUGA INICIA UNHA CAMPAÑA EN DEFENSA DO
SECTOR LÁCTEO GALEGO
FRUGA exixe que se repoñan as medidas en política agraria que tan bo resultado deron na
anterior lexislatura da Xunta de Galiza ante o claro fracaso das políticas do PP.
Lugo, 6 de setembro de 2012. O sector lácteo galego atópase nunha crise nunca antes coñecida,
cunha caída constante nos últimos anos do prezo que receben os productores lácteos e cunha
suba dos custos de producción que se viu aínda máis agudizada nos últimos anos. Esta situación,
lonxe de correxirse está sendo acentuada nos últimos tempos; serva de exemplo que no último
ano o penso encareceuse en torno a un 18% e o leite baixou sobre un 10%.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA entendemos que esta tendencia de “ir a peor” non é
casualidade e que ten as súas causas. No sector lácteo hai unha serie de variables de difícil
control, tal e como pode ser o prezo dos cereais nas lonxas que marcan o prezo mundial tal e
como están as regras do mercado hoxe en día. Pero tamén sabemos que hai outras accións que
se poden tomar para equilibrar os beneficios do conxunto do sector lácteo que xa foron postas en
marcha e que sabemos que son efectivas, xa que contribúen a aumentar o prezo do leite en orixe.
Hai unha serie de medidas que se levaron a cabo na anterior lexislatura da Xunta de Galiza que
estaban dando os seus resultados e que ían encamiñadas cara a creación do Grupo Lácteo
Galego, algo ao que non debemos renunciar nun contexto no que o 80% do leite producido na
Galiza é transformado por empresas de fora. Coa anterior Consellería do Medio Rural (CMR)
convocando con regularidade a Mesa do Leite, estableceuse un ámbito galego de negociación
que impulsou o Observatorio Lácteo Galego e a implantación real e efectiva do Contrato
Homologado.
Por outra banda, tamén comezaron iniciativas orinentadas á menor dependencia de insumos
alleos ás explotacións, como as inicitivas do Banco de Terras de Galiza (BANTEGAL) ou o
Contrato de Explotación Sustentable (CES).
Todas estas políticas, a pesar de estar dando os seus primeiros pasos, xa estaban dando o seu
reflexo no prezo a recibir polos gandeiros polo leite. Resultado das políticas levadas a cabo pola
anterior CMR é que o prezo que tiña o leite en orixe na Galiza era máis alto que a media do
Estado, e incluso máis alto que en Francia. Anos despois, coa chegada do Partido Popular á
Xunta de Galiza e co xiro de política agraria que supuxo que a situación se invertira e que agora, o
prezo que reciben as explotacións lácteas galegas sexa agora máis baixo.
Desde a FRUGA apuntamos á Xunta de Galiza como responsable directa dos baixos prezos que
están recibindo as granxas de leite, xa que a chegada do PP á Xunta supuxo o desmantelamento
das medidas que mantiñan o prezo do leite en orixe máis alto que na súa contorna.
Galiza non pode prescindir do principal motor económico do rural galego, por isto, a FRUGA vai
continuar coa campaña que xa ten iniciado en defensa do sector lácteo galego nas principais
comarcas lácteas galegas, esixindo responsabilidades aos seus responsables e que se
restablezan as políticas agrarias no sector lo leite que tan bo resultado deron no seu día para,
deste xeito, manter a flote o sector lácteo galego.
NOTA: Adxúntase foto da asemblea informativa que, dentro da campaña de defensa do sector
lácteo galego, organizou onte en a FRUGA en A Pastoriza.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



