A CONSTRUCCIÓN DUNHA SEGUNDA GARDERÍA EN BURELA É
UNHA BOA NOTICIA E UN BÓ SERVIZO PARA O CONCELLO. ASÍ SE
MANIFESTABA O ALCALDE DESPOIS DE COÑECER A RESOLUCIÓN DA
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR QUE HOXE PUBLICA O DOG.
GONZÁLEZ BARCIA LEMBROU AS XESTIÓNS REALIZADAS POLO PP,
TANTO NA OPOSICIÓN COMO NO GOBERNO MUNICIPAL, PARA QUE ESTA
DEMANDA SEXA UNHA REALIDADE.
Burela, 13 de setembro de 2012. O alcalde, José María González Barcia,
amósase satisfeito tras coñecer a resolución da Consellería de Traballo e
Benestar pola que se encomenda ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade
e Benestar as xestións para a construción de escolas infantís 0-3 en varios
concellos galegos, entre os que se atopa Burela. O rexedor asegura que a vila
precisa dunha segunda gardería e que incrementando servizos tamén se pode
incrementar a poboación.
González Barcia sinalou que a resolución que hoxe publica o DOG é unha boa
noticia, “desde o PP, tanto na oposición como no goberno, estivemos insistindo
de xeito permanente en que Burela precisa dunha segunda gardería, xa que hai
lista de espera na actual. Agora agardaremos a coñecer os pasos que hai que
dar, pero nós estamos dispostos a facer todo o que sexa posible para que esa
segunda gardería sexa unha realidade en Burela”.
O alcalde lembrou que “nós dixemos no seu momento, cando houbo que
facer axustes a nivel económico no Concello, que unha aposta que íamos
seguir mantendo eran os servizos sociais e o ensino, e pelexar e traballar para
conseguir unha segunda gardería para Burela reflexa que nós cumprimos o que
dixemos”. José María González Barcia tamén se referiu ás características desta
infraestructura, “son 41 prazas para un centro de 3 unidades, esta definición
e estas características de escola infantil axústanse ás necesidades que agora
mesmo ten Burela e deste xeito o que podemos facer é contribuir a que Burela
incremente servizos e incrementar tamén poboación. Esto é algo que debemos ter
como obxectivo desde o goberno municipal”.
O rexedor burelés reiterou que “estando nós na oposición, durante os catro anos
do bipartito, e agora no goberno municipal traballamos e fixemos xestións para
que Burela contase con esta gardería. No equipo de goberno estamos satisfeitos
con esta noticia e agora o único que temos que facer é esperar a ver cales son
os trámites a realizar. Agardo que poidamos cumprilos todos porque éste é un bó
servizo para Burela”. E engadiu que “a pesares da situación que se está a vivir
faremos todos os esforzos que estean ao noso alcance para que a gardería sexa
unha realidade”.