GONZÁLEZ BARCIA ASEGURA QUE PARA FACER XESTIÓNS HAI QUE VIAXAR, E SUBLIÑA QUE NOS ÚLTIMOS MESES O EQUIPO DE GOBERNO E O ALCALDE XESTIONARON O QUE OUTROS NON FIXERON EN CATRO ANOS.
Burela, 28 de setembro de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, asegura que para facer xestións hai que viaxar, “e nestes últimos meses o noso equipo de goberno estivo a xestionar cousas que outros non fixeron en catro anos”, en alusión ao PXOM e á nova gardería, entre outras cousas.
González Barcia sinala que “as viaxes a Madrid teñen que facerse si alguén quere reunirse co director general de Carreteras do Estado ou coa ministra de Fomento. Os asuntos que ocasionaron estas viaxes foron a afectación da variante de Burela dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal e o corredor Barreiros-San Ciprián. Pensamos que son temas de envergadura suficiente como para ir a Madrid a estas xuntanzas”.
O rexedor tamén aludiu ás viaxes a Santiago ás que se refire nas súas críticas o Grupo Mixto, “a nova gardería é un feito, está aprobada para Burela. As xestións da nova EDAR están encamiñadas. De todas formas senon queren que xestionemos non faremos xestións, entón”. González Barcia subliñou que “o PXOM estaba como estaba, entón non imos a ningunha parte. A partires de agora farémoslle caso, viaxaremos en autobús ou a dedo, e levaremos un bocadillo. Si eso é o que queren haberá que facelo e si non queren que xestionemos non iremos a ningún lado”.
O alcalde de Burela recalca que “o noso equipo e o alcalde estamos a xestionar o que eles non xestionaron nin fixeron, preocupámonos pola nova gardería e aí está e polo corredor Barreiros-San Ciprián. Non pretenderán que teñamos que ir a Madrid, a Santiago ou á Coruña a dedo ou en autobús e co bocadillo. Viaxar ten o seu coste, non viaxamos por placer, senón para facer o que eles non fixeron”. A González Barcia parécelle curioso “que lles dera por aí cando en todos os concellos alcaldes e concelleiros cobran polos seus desprazamentos e ninguén di nada”. E engade que “ninguén está a cobrar nada que non lle pertenza, todos os desprazamentos están xustificados pola necesidade da xestión. Desde o Concello non se traen cousas para Burela, hai que xestionar e manter encontros para conseguir cousas”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



